SE A DONA DA TÚA VIDA

 

 

Co gallo da celebración do Día Internacional da MullerTraballadora, o Equipo de Convivencia do  CRA RaíñaAragonta organizamos unha charla-coloquio para as familias e profesorado do centro co título ‘’¿Qué cargan na mochila  as mulleres migrantes no camiño á igualdade?’’. A nosa convidada e relatora da mesma, foi Maribel Del Pozo Triviño, doutora en Traducción e Interpretación naUniversidade de Vigo e especializada en traballar con mulleres migrantes.

 

 

 


 

 

 

Así mesmo, para complementar esta conmemoración convidamos ás familias colaborar coa entrega de fotos de mulleres en diferentes ámbitos: bailando, traballando, investigando, elixindo, xogando…

 

 

 

Con todas estas imaxes recibidas fixemosunha exposición na Sede do CRA para que as familias puidesen visitar e disfrutar.

 

 

 

 

 


 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

Con todas as fotos que recompilamos levamos a cabo o seguinte vídeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/1189

 

 

 

 

 

Esta exposición é un canto á liberdade das mulleres libres para amar, rir, traballar, decidir, liderar, emprender…

 

 

 

Unha pequena homenaxe a tódalas mulleres da vila de Salceda que aportaron as súas fotos, compartindo un anaco da súa historia e que nos serve de inspiración no día a día.

 

 

 

 

 

 

 

A TODAS VÓS NAIS, AVOAS, NETAS, FILLAS, AMIGAS… GRAZAS.

 

 

XUNTAS NO CAMIÑO,

 

EQUIPO DE CONVIVENCIA

 

 

Iniciar sesión