plan proxecta
JANE GOODALL
Posted Xuño 27th, 2019 by profeOs nenos e nenas da aula de 5 anos B traballamos á primatóloga e antropóloga Jane Goodall. Jane caracterízase polo seu constante estudo dos chimpancés e polo seu incansable traballo para a conversación e benestar animal.
Comezamos este traballo cunha motivación inicial de Jane Goodall e dos chimpancés; dende o primeiro momento encantoulles e tiñan o seu ‘’Recuncho de Jane’’.
Non só descubrimos a vida de Jane actual, senón dende a súa infancia, cómo era a súa familia que descubrimos a través dun álbum e levamos a cabo unha representación artística da familia de cada un de nós.
Tamén tivemos alguna sorpresa como un memory de fotos de Jane.
Coñecemos a algún dos amigos chimpancés que fixo Jane durante todos os anos que estivo na Reserva de Gombe en Tanzania. Jane púxolle nome a todos o que creou un vínculo moi especial entre eles.
Estes son os exemplos dalgunhas das investigación que fixemos cómo Jane descubriu que os chimpancés fabrican ferramentas para comer termitas e debuxámolo ou momentos da infancia de Jane como cando se preguntou de onde saen os ovos.
E finalmente presentamos os nosos traballos acabados co noso pequeno chimpancé
- %count lecturas
SE A DONA DA TÚA VIDA
Posted Xuño 26th, 2019 by profe
Co gallo da celebración do Día Internacional da MullerTraballadora, o Equipo de Convivencia do CRA RaíñaAragonta organizamos unha charla-coloquio para as familias e profesorado do centro co título ‘’¿Qué cargan na mochila as mulleres migrantes no camiño á igualdade?’’. A nosa convidada e relatora da mesma, foi Maribel Del Pozo Triviño, doutora en Traducción e Interpretación naUniversidade de Vigo e especializada en traballar con mulleres migrantes.
Así mesmo, para complementar esta conmemoración convidamos ás familias colaborar coa entrega de fotos de mulleres en diferentes ámbitos: bailando, traballando, investigando, elixindo, xogando…
Con todas estas imaxes recibidas fixemosunha exposición na Sede do CRA para que as familias puidesen visitar e disfrutar.
Con todas as fotos que recompilamos levamos a cabo o seguinte vídeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/1189
Esta exposición é un canto á liberdade das mulleres libres para amar, rir, traballar, decidir, liderar, emprender…
Unha pequena homenaxe a tódalas mulleres da vila de Salceda que aportaron as súas fotos, compartindo un anaco da súa historia e que nos serve de inspiración no día a día.
A TODAS VÓS NAIS, AVOAS, NETAS, FILLAS, AMIGAS… GRAZAS.
XUNTAS NO CAMIÑO,
EQUIPO DE CONVIVENCIA
- %count lecturas
MULLERES NO DEPORTE
Posted Xuño 24th, 2019 by profeNa aula de Esfarrapada de 4 anos C, elaboramos un “lapbook” que levou por título: “Mulleres Extraordinarias no Deporte”. A finalidade deste libro foi a de poñer en valor as mulleres en todo tipo de deportes; sobre todo algúns que a sociedade atribuíu, tradicionalmente,ao xénero masculino. Os cativos e cativas descubriron novos deportes, a grandes deportistas Paraolímpicas e puidemos practicar, na medida do posible, algúns deles.
Neste proxecto, a través de doce grandes mulleres, fomos conscientes de que todos e todas, con esforzo e capacidade de superación, somos capaces de realizar as mesmas actividades. Cada neno e nena, decidiu cales eran as mulleres extraordinarias da súa vida e asítamén poder incluílas no seu libro.
A continuación, móstranse algunhas das actividades levadas a cabo:
- %count lecturas
SE A DONA DA TÚA VIDA
Posted Xuño 18th, 2019 by profe
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Equipo de Convivencia do CRA Raíña Aragonta organizamos unha charla-coloquio para as familias e profesorado do centro co título ‘’¿Qué cargan na mochila as mulleres migrantes no camiño á igualdade?’’. A nosa convidada e relatora da mesma, foi Maribel Del Pozo Triviño, doutora en Traducción e Interpretación na Universidade de Vigo e especializada en traballar con mulleres migrantes.
Así mesmo, para complementar esta conmemoración convidamos ás familias colaborar coa entrega de fotos de mulleres en diferentes ámbitos: bailando, traballando, investigando, elixindo, xogando…
Con todas estas imaxes recibidas fixemos unha exposición na Sede do CRA para que as familias puidesen visitar e disfrutar.
Con todas as fotos que recompilamos levamos a cabo o seguinte vídeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/1189
Esta exposición é un canto á liberdade das mulleres libres para amar, rir, traballar, decidir, liderar, emprender…
Unha pequena homenaxe a tódalas mulleres da vila de Salceda que aportaron as súas fotos, compartindo un anaco da súa historia e que nos serve de inspiración no día a día.
A TODAS VÓS NAIS, AVOAS, NETAS, FILLAS, AMIGAS… GRAZAS.
XUNTAS NO CAMIÑO,
EQUIPO DE CONVIVENCIA
- %count lecturas
Rosalía de Castro
Posted Xuño 13th, 2019 by profeA aula de Esfarrapada de 5 anos A levamos a cabo unha pequena investigación acerca da nosa prezada Rosalía de Castro. Comezamos descubrindo que a rúa na que se atopa o noso colexio leva o seu nome e a partir de ahí investigamos cómo se chaman as diferentes rúas de Salceda de Caselas e en que rúa vivimos cada un dos nenos e nenas.
Buscamos unha fotografía de Rosalía e levamos a cabo un quebracabezas do seu retrato.
Para rematar esta pequena investigación, traballamos a poesía ‘’Cómo chove miudiño’’ á que engadimos as nosas creacións artísticas.
- %count lecturas
Entroido e "HappyArt" con Pato Gil
Posted Xuño 4th, 2019 by profeAs aulas de Esfarrapadas de 4anos B e 4 anos C, coñecemos e traballamos a artista latina, Pato Gil Villalobos.
Esta artista caracterízase polo seu “HappyArt”. Ela mesma defínese como unha COMUNIC+ARTIST, cuxa misión de vida é comunicar a través da súa arte as mensaxes de: amor, luz, unidade e gratitude.
Dende que a coñecemos e nos puxemos en contacto con ela, de xeito persoal, mantivemos unha comunicación constante a través de correos electrónicos, fotografías especialmente enviadas para as nosa aulas; mensaxes de audio e incluso unha vídeo chamada dende Punta del Este (Uruguai).
Este contacto fixo que o noso alumnado tivese unha motivación extra,que estivo unida á emoción e a ilusión que lles casou poder falar ca artista en persoa.
A súa arte e filosofía de vidaen seguida nos contaxiou unha gran ledicia e espírito creativo; ademais da importancia do amor por un mesmo, para estar en harmonía cos demais.
Para dar unidade ao proxecto e, vendo a motivación coa que o noso alumnado acolleu a Pato Gil,decidimos disfrazarnosno desfile de Entroido cunha representación artística da súa obra. Para a confección e decoración do disfrace, contamos coa especial axuda de pais e nais do noso alumnado, os cales afrontaron esta tarefa con moita ilusión.
- %count lecturas
A horta Wangari
Posted Maio 11th, 2019 by profeOs nenos e nenas de 5 anos B seguindo as ideas de Wangari, coidar o planeta e construír un cinturón verde, decidimos facer e coidar a nosa propia horta no cole para iso fixemos o seguinte:
- %count lecturas
PREPARANDONOS PARA A CARRERIA "CORREXSALCEDA"
Posted Maio 9th, 2019 by profe
O pasado domingo 5 de maio celebrouse unha nova "Corre x Salceda", carreira popular que pretende dar a coñecer os espazos naturais do concello pero, sobre todo, favorecer a práctica deportiva en todas as idades. Así, o noso alumnado foi convidado a participar. Dende o noso proxecto e, co propósito de contribuír ao fomento da igualdade, decidimos elaborar unhas pancartas coas que animar aos e ás participantes.
Asemade, un grupo de mestras e mestres decidimos participar carreira portando unhas camisetas co lema "Mesma ilusión, mesmo esforzo, mesmo resultado". Os e as peques colaboraron na súa decoración estampando os seus dediños nas mesmas.
- %count lecturas
As sementes de Wangari
Posted Abril 12th, 2019 by profeSeguindo as ideas de Wangari Maathai que creou un cinturón verde en África, as nenas e os nenos de 5 anos B quixemos poñer o noso gran de area facendo unha pequena plantación na aula.
Para iso, decoramos e preparamos uns semilleiros, botamos terra, sementes, auga e moito amor e cariño, para que xerminen as nosas sementes. Vos iremos informando da evolución da nosa plantación.
- %count lecturas
Os nosos xoguetes
Posted Abril 10th, 2019 by profeAs nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.
- %count lecturas
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »