Fontán

PROGRAMACIÓN DA AULA DE FONTÁN PARA O CURSO 2020/2021

PROGRAMACIÓN AULA: FONTÁN CURSO 2020/2021

Proxecto volcán

Amosamos algunas fotos e vídeos do noso traballo acerca dos volcáns.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 17 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Esta é a última publicación deste curso. Un ano máis rematamos a escola, este dun xeito excepcional, sen poder vernos e estar xuntos fisicamente, pero levo no meu corazón un pedaciño de todas e todos vós. Moitas gracias pola vosa dedicación e esforzo  nestes meses e por ser como sodes todas e todos especiais e formidables. Unha aperta moi grande, bicos mil e feliz verán. 

PARABÉNS PARA VÓS!!

ICÍAR DESÉXAVOS FELICIDADE A TODAS E TODOS

AS/ OS QUE IDES A ESTAR DE ANIVERSARIO

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 15 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Está é a derradeira semana de curso. Un curso que se viu marcado por unha situción excepcional que de seguro recordaremos durante anos. Seguimos un novo camiño, un novo rumbo cara un horizonte cheo de grandes aventuras e coñecementos. Hoxe achégovos esta proposta de actividades, e quero informar dun erro na publicación do venres, falta o conto que podedes descargalo desde hoxe, se ides a esa publicación, perdoade polo atraso ocasionado. Moitas gracias a todas e todos e saúdos.

 

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 12 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Xa está a rematar esta semana. Achégovos unha nova proposta para realizar nestes días. Quero recordarvos que nos apartados das especialidades podedes atopar actividades moi interesantes para facer na casa. Ademais xa está publicada a revista escolar Badaladas deste curso 2019/ 2020 que podedes atopar na páxina principal da web deixovos o enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/. Un sáudo e moitas gracias por todo o voso esforzo e traballo. 

ANIVERSARIOS

 

Queridas nenas e nenos!! Hoxe teríamos festexado na escola os aniversarios das vosas compañeiras e compañeiros que cumplen durante os meses de verán. Moitas felicidades para todas e todos!!! Xa sabedes que podedes achegarme o seu agasallo en forma de debuxo para publicalo na páxina web. Un saúdo e unha aperta moi grande par todas e todos!!

 

NA NOSA CASA!!

Distribuir contido

Back to top