Skip to Content

5 anos C

Día Internacional da muller e da nena na ciencia

O pasado luns 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Na aula de 4 anos C, aproveitando que estamos realizando un taller de experimentos neste curso escolar, a nosa científica particular nos leu o conto sobre a vida e obra de Marie Curie.

Descubrimos que grazas a ela hoxe, por exemplo, podemos ver os nosos ósos: Coa axuda da mesa de luz, observamos distintas radiografías e nós tamén, fixemos grandes descubrimentos.

A profe Laura, preparou una pequena presentación, dalgunhas das mulleres pioneiras na ciencia, dende Hipatia, a primeira muller científica ata Magarita Salas que segue a investigar hoxe en día.

MAMÁ NOEL

Na aula de Esfarrapada de 4 anos C, aproveitando o contexto de Nadal,  fomentamos a non distinción de xoguetes por sexo. Contamos unha pequena historia, na que Papá Noel visita a casa de Manuel e Sabela.

Os nenos e nenas debían de debuxar os xoguetes cos que foron agasallados cada un deles. Despois fixemos unha asemblea e posta en común das producións.

     

     

                               

 

Tamén traballamos a figura de Mamá Noel, para as portadas das fichas realizadas durante o trimestre, demos a opción a elixir se querían a Papá Noel ou a Mamá Noel.

 

Á volta das vacacións, tivemos unha gran sorpresa, unha morea de agasallos, que Mamá Noel nos deixou, acompañados dunha carta moi especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut