Educación musical

PROGRAMACIÓN MÚSICA PARA O CURSO ESCOLAR 2023/ 24

PROGRAMACIÓN MÚSICA PARA O CURSO 2023-2024

POKEMON

Ola a tod@s!

Recordades que a temática do cole este curso son os debuxos animados?

Pois rematamos o 2º trimestre tocando con paus chinos a cantiga da serie de Pokemon!

 

MISIÓN MUSICAL

Cando os Little Einsteins marchan de misión transpórtanse na súa nave chamada Rocket. Pero non só os Little Einsteins viaxan en nave, nós tamén o facemos cando temos unha nova misión musical!

5 4 3 2 1 LITTLE EINSTEINS!

 

CONCERTO DIDÁCTICO

FELIZ 2024!

O 2023 rematámolo con moita música.

Os nenos e nenas do cole foron escoitar un concerto didáctico da escola de música de Salceda.

Tocaron moitísimas cancións de debuxos animados!

QUE BEN O PASAMOS!

 

QUE É UNHA BANDA DE MÚSICA?

Os nenos e nenas do CRA van ter unha saída moi especial e... moi MUSICAL Sorriso

Que será...?

Mentres tanto, os bolechas explicáronnos qué é unha banda de música!

 

 

 

CLARINETE

Os nenos e nenas están aprendendo moito sobre a familia dos instrumentos de vento. 

Sabedes cal puideron escoitar en directo? O CLARINETE!

Fixemos un xogo de adiviñar cancións, moitas eran de debuxos animados e.... coñecíanas todas!!

 

SAMAÍN

Nestas datas coñecimos ao compositor Camille Saint- Saëns e a súa obra musical "Danza macabra" a través deste terrorífico musicograma.

LITTLE EINSTEINS

Os debuxos animados van estar moi presentes este ano no cole. Sabedes cales son os da clase de música?

Os Little Einsteins!

BENVIDOS/AS!

Estamos de volta con moitas ganas e ilusión, e sobre todo, con moita MÚSICA!

FELICES VACACIÓNS

Rematamos o curso coñecendo un novo instrumento: o saxofón!

Espero que desfrutedes do verán

                                                                             Vémonos en setembro! Sorriso

Distribuir contido

Back to top