Educación musical

BENVIDOS/AS!

Estamos de volta con moitas ganas e ilusión, e sobre todo, con moita MÚSICA!

FELICES VACACIÓNS

Rematamos o curso coñecendo un novo instrumento: o saxofón!

Espero que desfrutedes do verán

                                                                             Vémonos en setembro! Sorriso

BONGÓS

Os nenos e nenas familiarizáronse cos instrumentos de percusión e descubriron os bongós.

Mirade que ritmo teñen! Sorriso

 

Badaladas Artísticas

Xa está publicada a revista "Badaladas" deste curso 2022-2023 centrada no mundo da arte. A continuación, vos deixo a mostra da participación da especialidade de música na mesma Sorriso

 

DEBUXAMOS OS SONS

Mirade como debuxamos os sons! Escoitamos a peza "Pizzicato" do ballet Sylvia de Léo Delibes e debuxamos con raias e puntos os sons longos e curtos que percibimos na audición.

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

Acércase o carnaval e en clase estamos preparando a súa chegada coa obra musical "O carnaval dos animais" do compositor Camille Saint- Saëns.

Abrazos musicais Sorriso

 

 

INVERNO MUSICAL

Voltamos á clase e con nós o inverno! A continuación podedes mirar e escoitar o musicograma do concerto de Inverno pertencente ás Catro Estacións de A. Vivaldi.

 Abrazos musicais Sorriso

 

DANZAMOS

Os nenos e nenas do CRA bailaron con panos de cores a peza "El Hada de Azúcar" do compositor Tchaikovsky, a cal pertence ao ballet "Cascanueces".

 

Felices Festas! Sorriso

MÚSICA E LITERATURA

E se viaxamos polos contos a través da música?

Os nenos e nenas desfrutaron do conto cantado "A que sabe a lúa?", no que un grupo de animais queren chegar a lúa e probar un cachiño para pescudar a qué sabe.

                                                                                      Abrazos musicais Sorriso

PINTANDO A MÚSICA

E se unimos a música e a pintura?

Nalgunha das aulas do CRA os/as nenos/as pintaron unha árbore de outono facendo unha escoita activa do concerto de Outono pertencente ás Catro Estacións de A. Vivaldi. Mirade que artistas!

 Abrazos musicais Sorriso

 

Distribuir contido

Back to top