Alternativa

FELIZ VERANO

Bo día familias e nenos/as! Aquí estou hoxe para facer a última publicación deste curso que este venres chega ó seu fin.

Só vos quero dicir que desfrutedes moitísimo do verán que o tedes máis que merecido. Bailade, xogade, cantade, cociñade, debuxade, lede contos, escribe mensaxes ás persoas que queredes, experimentade, manchádevos, inventade historias fantásticas, buscade tesouros, imaxinade miles de aventuras e, o máis importante de todo, sede moi felices e desfrutade da vosa familia e amigos/as compartindo xuntos momentos marabillosos. E recordade: SORRIDE SEMPRE J

Gracias por facelo tan ben estes últimos meses.

Aínda que a algúns véxovos mañá a través de Webex, despídome de todos vós cunha das miñas cancións favoritas:

https://www.youtube.com/watch?v=gg7odj4FpVE

NUNCA DEIXEDES DE SOÑAR

PERSEGUIDE SEMPRE OS VOSOS SOÑOS

 

UN APERTA XIGANTE da profe Laura!!! MOI FELIZ VERANO

HAPA ZOME

Ola familias e peques! Que tal pasastes a fin de semana? Segurísimo que moi ben .

Esta é a última semana de cole. A todos os profes nos gustaría que fose doutra forma e despedirnos de vós como merecedes. Aínda así a moitos de vós recibirémosvos o curso que ven con moitísimas ganas e os que pasades para o “cole dos maiores” seguro que máis dalgún día vos veremos do patio dun cole ó outro J

A actividade que vos propoño hoxe é ideal para facer calquera día este verán. Espero que o pasedes moi ben realizándoa e que vos guste moito.

Miles de bicos da profe Laura.

AS VOSAS ACTIVIDADES

Encántame ver o xenial que o facedes.

Déixovos as fotos das actividades realizadas por dúas compañeiras Sabela e Carlota.

Unha aperta xiganteSorriso

 

EFECTO INVERNADOIRO

Bo día familias!

O curso está a piques de terminar e este será o último venres que vos propoña unha actividade. Nesta ocasión descubriremos que é o efecto invernadoiro cun sinxelo experimento. Anímovos a realizalo.

Pasade un moi boa fin de semana!

Un bico moi grande da profe Laura J

COIDADO ANIMAL

Ola familias!

Hoxe tráiovos una actividade relacionada co coidado e respecto cara os animais, pois coidar dos animais implica tamén coidar do medio ambiente.

Desexo que vos guste e recórdovos que podedes seguir enviando as vosas fotos ó meu correo: lauraprofealternativa@gmail.com 

Feliz mércores!!!Guiño

COIDEMOS A AUGA DO NOSO PLANETA

Bo día familias e peques! Espero que pasarades unha moi boa fin de semana.

A proposta que vos traio hoxe está relacionada co coidado da auga do noso planeta. Desexo que vos guste.

Un abrazo xigante J

FOTIÑOS

Encántame ver o ben que o estades facendo. Sodes xeniais Sorriso

Seguide así que xa non queda nada: lauraprofealternativa@gmail.com

 Moitos bicos da profe Laura

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bo día familias. Que tal vos atopades?

Hoxe, día 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente por iso a actividade que vos vou a propor vai estar relacionada coa importancia de levar a práctica a técnica das 3 R: reciclar, reutilizar e reducir.

Espero que vos guste. 

Un gran abrazo e pasade unha moi boa fin de semana Sorriso

Día Mundial del Medio Ambiente 2019 - Lema y cómo celebrarlo

PLANTAMOS UNHA LEGUME

Ola familias! Que tal vai a semana? Espero que todo continúe ben e que sigades traballando/xogando moito dende casa.

Continuamos cunha actividade relacionada coa natureza e medio ambiente.

Desexo que vos guste. Un abrazo moi grandeJ

LAND ART MARIÑO

Ola familias! Que tal estades? Espero que desfrutarades moito da fin de semana.

Aquí estamos un luns máis cunha pequena proposta de actividades. Hoxe vamos a traballar sobre outra temática que tratamos en alternativa: o medio ambiente.

 Que teñades un moi bo luns e resto da semana. Moitos bicos e abrazos virtuais da profe Laura J

Distribuir contido

Back to top