Skip to Content

5 anos B

Coser e cantar

Este taller nace da necesidade de regularizar actividades que de forma sistemática se asocian a un xénero, neste caso, ao xénero feminino. Todas e todos lembramos as nosas avoas e nais cosendo, bordando… pero, escasos ou nulos, son os recordos dos nosos avós ou país facendo estas tarefas.

 

 

É así como na nosa aula de 4B poñemos en marcha un obradoiro ao que chamamos COSER E CANTAR.

 

Os cativos terán a oportunidade de enhebrar, coser, facer pompóms, … ao tempo que cantamos cancións tradicionais galegas como:  Apaga o Candil, ven bailar Carmiña, ondiñas veñen…

 

Para complementar os aspectos ata agora traballados, decidimos convidar a membros da familia de Ángela e Emma, que nos acompañaron nesta aventura de coser e cantar.

 

Estes son algún dos momentos máis significativos deste obradoiro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut