Audición e linguaxe

PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO ESCOLAR 2020-21

PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA O CURSO 2020- 2021

REMATAMOS...

REMATAMOS...

Bo día familias!! Velaquí a última publicación desta corentena... un periodo no que tentei que dende a casa traballárades todos aqueles aspectos que son importantes para mellorar a Linguaxe Oral: atención, memoria, percepcion, fonética, fonoloxía, léxico, semántica, pragmática... etc.

Por elo, hoxe vou deixar unha serie de RECOMENDACIÓNS para que sigades durante este verán e sempre, co obxectivo principal de MELLORAR A COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL DA LINGUAXE:

  • Tratar de NON corrixir ou evidenciar as dificultades da linguaxe, tentar sempre proporcionar un modeo axeitado de fala para que @ nen@ copie.
  • Respectar os ritmos de cada ne@ cando se expresa, sen interromper nin anticipar as súas respostas.
  • Non imital@ nin rir cando comete erros.
  • Non esixirlle que articule fonemas que aida non ten adquiridos, nin pedirlle que repita palabras que os conteñan porque deste xeito, fixaremos os erros.
  • Utilizar sempre unha linguaxe clara, sen diminutivos nin expresión infantís: o coche é COCHE (non run run), o paxaro é PAXARO (non pío pío) e así con todo.
  • Empregar métodos de corrección indirecta, amosando un modelo axeitado de fala. Por exemplo se @ nen@ di: - Hoxe fai Zol, responderémoslle: -Si, hoxe fai Sol.
  • Reforzar sempre de xeito positivo os progresos acadados con agrimos, apertas, bicos, felicitaciós, etc.
  • Conversar moito c@s vos@s fill@s, aproveitando momentos cotiáns e de lecer.
  • Proporcionarlle unha alimentación sólida axeitada para a súa idade, con alimentos que teña que masticar, tentando evitar o biberón e o chupete na medida do posible.
  • Realizar diariamente xogos que estimulen a linguaxe oral.

Para cumplir este último punto, deixo agora unha serie de INSTRUCCIÓNS E XOGOS PARA REALIZAR DE XEITO ORAL. Xogos que podedes levar a cabo nas viaxes en coche, camiñando pola rúa, durante o almorzo ou na hora do baño:

  • Cantar e repetir cancións e reproducir movementos e ritmos.
  • Ler contos, facendo preguntas de comprensión a menudo que avanza a historia: quen? cando? onde? como? que dixo? que crees que vai pasar?
  • Facer descricións de obxectos, persoas, lugares.
  • Aproveitar certos momentos do día para adquirir e comprender novo vocabulario: roupa, alimentos, medios de transporte, cores, formas, etc.
  • Xogar ás palabras encadeadas: casa-sapo-porta-tapa...
  • Preparar receitas en familia, nas que un membro diga as instruccións e o resto teñan que cumprilas.
  • Inventar e crear historias con xoguetes, peluches e moitos outros obxectos.
  • Xogar ao Simón dice: "Smón di... que saltes", "Simón di... que te toques a punta do nariz", etc. (se utilizades o nome d@ nen@ faralle máis graza).
  • Xogar ao veo veo: con palabras que comezan por unha letra ou un son determinado.
  • Xogar a Quen é quen: describindo a membros da familia ou buscando fotografías en internet nas que salgan varias persoas.
  • Xogar a adiviña o que estou pensando: mediante preguntas e respostas de si ou non tedes que adiviñar o obxecto, lugar, persoa, comida, etc que está pensando o a outra persoa.

Espero que levedes a cabo todas estas recomendacións e xoguedes moito cos vos@s fill@s, pero non vos esquezades nunca de DESFRUTAR E DESCANSAR!!! E si tedes calquera inquedanza podedes escribirme ao mail saradasilva@edu.xunta.es, leereivos tal que así:

FELIZ VERÁN FAMILIAS!!!

FIXÉMOLO TAN BEN QUE XA ESTAMOS FÓRA DESTE MAL SOÑO!!!

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.33

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.33

BO DÍA FAMILIAS!!! PREPARADOS PARA ARRANCAR A ÚLTIMA SEMANA DE CURSO???

Hoxe traio para vós unha actividade que resume perfectamente moitos dos aspectos que traballamos na aula de Audición e Linguaxe como son a atención, o vocabulario e a compresióno oral de instruccións sinxelas.

Trátase dunha presentación na que o adulto terá que ler a orde que aparece na parte superior de cada diapositiva unha soa vez de forma clara, e @ nen@ terá que buscar o que se pide de entre tódolos obxectos e seleccionalo.

Podedes atopar toda a presentación pinchando na seguinte imaxe:

APERTA ENORME!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

TEATRO DE SOMBRAS

TEATRO DE SOMBRAS

O outro día propúxenvos unha actividade moi chula para traballar a linguaxe e a expresión oral, tratábase dun Teatro de Sombras caseiro, podedes ver a actividade pinchando AQUÍ. 

Hoxe Anxo da aula de Soutelo fainos chegar o seu Teatro, que está chulísimo!! E ademais amósanos os marabillosos progresos que acadou en linguaxe oral!!

O teu navegador non soporta este vídeo.

GRAZAS ANXO!! 

ERES UN SÚPER TRABALLADOR!!

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.32

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.32

BO DÍA FAMILIAS!!!

Hoxe é novamente venres e continuando na mesma liña de semanas anteriores, imos traballar DISCRIMINACIÓN AUDITIVA de pares de fonemas. Antes de comezar, imos lembrar outras actividades deste estilo, para acceder a elas tedes que pinchar aquí abaixo:

 

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA C/Z-S

 

DISCRIMMINACIÓN AUDITIVA B/V-D

 

DISCRIMMINACIÓN AUDITIVA LL-Ñ

 

Unha vez mais, lémbrovos que na aula de AL traballamos SONS, NON LETRAS, polo que nos apoiaremos nos Articulemas (as "boquiñas") para realizar a actividades, que neste caso consiste en discriminar auditivamente os fonemas N e D.

Comezamos polo fonema N:

 

E continuamos polo fonema D:

Se vos resulta mais cómodo, podedes atopar o material tamén no arquivo adxunto.

DESFRUTADE DO CHUVIOSO FINDE!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.31

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.31

BO DÍA FAMILIAS!!

Hoxe traio para vos un xogo online moi guay para ENTRENAR A MEMORIA a través de pequenos retos que @s nen@s terán que ir superando pouco a pouco.

Para acceder ao xogo, coma sempre, soamente tedes que pinchar na seguinte imaxe:

 

CONSEGUICHES SUPERAR TÓDOLOS RETOS???

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.30

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.30

MOI MOI MOI BO DÍA FAMILIAS!!

Comezamos unha nova semana xa na recta final do curso!!! E como todos estamos un pouco cansadiños de tanto traballar, estas últimas entradas irán encamiñadas a amosarvos xogos e actividades moi divertidas para que desfrutedes traballando a linguaxe e a expresión oral.

A actividade de hoxe, proposta pola profe Antía Sapiña do cole Número 2 de Tui, consiste na creación dun TEATRO DE SOMBRAS CASEIRO!!!! Para facelo, soamente tedes que seguir as instruccións que se amosan na presentación que vos deixo no arquivo adxunto ou pinchando tamén na seguinte imaxe:

Espero ansiosa recibir as fotos dos teatros que montedes na casa!! Podedes envialas a través do correo saradasilva@edu.xunta.es ou a través das titoras e do titor.

Ademais, o profe Abraham creou para todos nós un xogo online chulísimo para adiviñar a personaxe, podedes acceder a él pinchado na seguinte imaxe:

DESFRUTADE MOITO E ARRIBA ESA IMAXINACIÓN!!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.29

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.29

BO DÍA FAMILIAS!!!

Xa é venres e imos lembrar dúas actividades que propuxemos anteriormente para traballar a DISCRIMINACIÓN AUDITIVA de pares de fonemas. Para acceder a elas tedes que pinchar aquí abaixo:

 

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA C/Z-S

 

DISCRIMMINACIÓN AUDITIVA B/V-D

 

Pois hoxe continuamos na mesma liña, pero desta vez cos fonemas LL e Ñ, tendo sempre en conta que na aula de Audición e Linguaxe traballamos SONS, NON LETRAS, polo que nos apoiaremos nas xa famosas boquiñas para facelo.

Comezamos polo FONEMA LL:

E continuamos co FONEMA Ñ:

Se queredes descargar o material, podedes atopalo no arquivo adxunto. Espero que traballedes dabondo!!

BOA FINDE

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.28

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.28

 

MOI BO DÍA FAMILIAS!!!

 

Hoxe traio para vos un xogo moi divertido creado por Isabel Hidalgo para traballar multitude de aspectos coma conceptos básicos, vocabulario, memoria, atención, etc. Trátase da RA SUSA!! É un xogo moi sinxelo polo que está especialmente indicado para alumnado de 3 anos, aínda que todos podedes xogar!

 

Para xogar, temos que axudar a ra Susa a chegar ata a súa casa porque perdeuse no bosque... o que ocorre é que para facela chegar teremos que pasar unha serie de probas e ir avanzando nas casillas. Se superamos tódalas probas farémola chegar e a ra Susa voltará a estar conenta na súa charca. AXUDÁMOLA??

 

O material consiste nunha presentación que podedes atopar no arquivo adxunto.

 

Espero que desfrutedes moito deste material!! Podedes contarme nos comentarios se conseguistes facer chegar a Susa ata a súa casa.

BICOS E APERTAS!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.27

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.27

BO DÍA FAMILIAS!!

Lembrades as actividades que vos propuxen para seguir instruccións?? Podedes acceder a elas pinchando aquí abaixo:

 

SEGUIR INSTRUCCIÓNS CON OBXECTOS DA CASA

SEGUIR INSTRUCCIÓNS CON PIRATAS

SEGUIR INSTRUCCIÓNS CON SUERHEROES

 

Pois hoxe imos traballar sendo nós os DAMOS AS INSTRUCCIÓNS!! Deste xeito, @s nen@s serán os que indicarán a outra persoa onde debe colocar cada elemento dos que aparecen ou colocalos el@s mesm@s e inventarse unha historia que deberán contar ao resto da familia.

Para acceder á actividade soamente tedes que pinchar na seguinte imaxe:

DESFRUTADE MOITO!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

Distribuir contido

Back to top