Últimas Publicacións

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

¡ loita polo que queres, vive o teu soño !

 

   

 

Enlace                                                                Sinopse

  

                                                      

 

 

     Equipo de Convivencia

         

 

 

 

 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

           

        Binta y la gran idea

 

                   

                     «O meu pai di que temos que aprender do comportamento dos paxaros.

                      Os paxaros son tan listos que collen o mellor do norte e o mellor do sur.»

 

                                                                                Enlace                                                                                              Sinopse

 

 

                                                                                                                                                        Nominada al Oscar Mejor Cortometraje 2007.                

 

INFORMACIÓN SOBRE O CRA RAÍÑA ARAGONTA

Compartímosvos esta presentación en thinglink con información sobre o noso centro.

 

Se precisades algunha aclaración podedes contactar a través dos seguintes medios:

 

Teléfono: 986349118

 Correo electrónico: admisioncra@gmail.com

 

 Recomendamos abrir a presentación nun PC para acceder con facilidade aos elementos que contén.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2021/2022 CRA RAÍÑA ARAGONTA

As seguintes instrucións dítanse ao abeiro do Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, e da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 febreiro 2017), pola que se modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG 15 de Marzo), polos que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  do 1 ao 23 de marzo.

OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B):serán facilitados  gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación“admisionalumnado”(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), na páxina web da consellería competente en materia de educación, así como na web do centro  (http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/) e premendo aquí.

A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro 11-A), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada.

 

*Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos presentar os formularios na secretaría do centro e non vía telemática.

 

O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:

Luns: de 9:45 a 11:00 horas

Martes: de 9:45 a 11:00 horas

Mércores: de 9:45 a 11:00 horas.

Xoves: de 9:45 a 11:00 horas

Venres: de 12:30 a 13:30 horas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:

 

-Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-No caso de separación ou divorcio, será necesaria a SINATURA DE AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

 No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE

  1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  2.  Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

  3.  Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos  termos do anexo

  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é caso.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021/2022

CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

  •  Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo.

  • Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 23 de Marzo.

  •  Presentación da documentación acreditativa para o baremo, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas:  publicaranse as datas se fora preciso.

  •  Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril.

  •  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio.

  • Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de Xuño.

Calendario extendido aquí.

 

A Dirección do centro

PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2021/2022

 

 

 

AULAS

PRAZAS VACANTES

PRAZAS

NEAE

Aula de Barreiro

13

1

Aula de Budiño

13

1

Aula de Entenza

13

0

Aula de Fontán

4

1

Aula de Picoña

14

1

Aula de San Xurxo

3

1

Aula de Soutelo

13

1

Esfarrapada 3 anos

66

9

Esfarrapada 4 anos

23

0

Esfarrapada 5 anos

24

0

 

 

Salceda de Caselas, 24 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ

‘A PAZ NON É ALGO QUE DESEXAS,

A PAZ É ALGO QUE CREAS,

ALGO QUE FAS,

ALGO QUE ES E ALGO QUE AGASALLAS’

 

 

          

 

Dende o Equipo de Convivencia invitámosvos a visitar a nosa sección para ver as bonitas árbores da amizade que fixemos para celebrar este día

O CRA RAÍÑA ARAGONTA INFORMA

AS FAMILIAS DOS NENOS/AS NADOS NOS ANOS 2016 E 2017 QUE VAIAN A SOLICITAR PRAZA NOUTRO CENTRO EDUCATIVO PARA CURSAR OS SEUS ESTUDOS NO PRÓXIMO CURSO 2021/2022, É PRECISO QUE PRESENTEN POR ESCRITO RENUNCIA A SÚA PRAZA NA SECRETARÍA DESTE CENTRO ANTES DO VINDEIRO 19 DE FEBREIRO*

 

*Descargar o documento aquí

 

 A DIRECCIÓN DO CENTRO

O CRA RAÍÑA ARAGONTA INFORMA

 A PARTIR DO VINDEIRO MÉRCORES 24 DE FEBREIRO TERÁN NOS TABOLEIROS DE ANUNCIOS E NA WEB* DO CENTRO TODA A INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022.

*http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta

 

A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

Volven os contos no xardín de Caselín

Co novo ano xa está aquí Caselín de volta coas súas historias... esperamos que o botarades de menos, porque el dende logo que si

Se tedes ganas de coñecer con que historia nos sorprende este mes..... preme na imaxe!!!!

 

 

THIS new year Caselin returns with HIS stories…we hope you missed him because                              he certainly MISSED YOU!

 

      If you want to know the story that he surprises us WITH this month…   click on the image!!   

 

 

 

 

MANDADIÑOS DO ENTROIDO

Aínda que este ano non poidamos celebrar o Entroido como de costume sen el non imos quedarSorriso

¡¡¡VIVA O ENTROIDO!!!

 

Distribuir contido

Back to top