Últimas Publicacións

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2022/2023

 

  • As seguintes instruccións dítanse ao abeiro da seguinte lexislación:

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreir o, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B)

  • O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 1 ao 21 de marzo.

 

  • OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B): serán facilitados gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

 

  • A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro Nº 9 ), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada. 

         Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos a documentación na secretaría do centro e non vía telemática.

       O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:

                    LUNS: de 12:45 a 13: 15 horas.

                    MARTES: de 9:45 a 11:00 horas.

                    MÉRCORES: de 9:45 a 11:00 horas.

                    XOVES: de 12:15 a 13:15 horas.

                    VENRES: de 9:45 a 11:00 horas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:

  • Cada alumno ou alumna só pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da  mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  • As solicitudes deberán ser ASINADAS POR AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. No caso de separación, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

         No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE

  1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familias, cando denegue a súa consulta. (orixinal e copia)
  2. Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (orixinal e copia)
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo.
  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. (orixinal e copia)

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023

 

  • Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo
  • Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de Marzo
  • Presentación da documentación acreditativa para o baremos, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas: publicaranse as datas se fora preciso.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio
  • Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de xuño.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO ( XESTIONADOS POR ANPA AS LANDRAS E ANPA ALTAMIRA)

 

  • COMEDOR ( ANPA ALTAMIRA)
  • AULA MADRUGA : 7:30 A 9:15
  • AULA TARDÍA (DEPENDE DO Nº DE SOLICITUDES) : ATA AS 15: 00 HORAS
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ( DEPENDEN DA SITUACIÓN SANITARIA DERIVADA DA COVID-19)
  • SERVIZO MÚDAME 
  • CONCILIACIÓN NO PERIODO DE ADAPTACIÓN: DEPENDE DO NÚMERO DE SOLICITUDES

 

PODEDES DESCARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE NOS FIXEIROS ADXUNTOS. ( O Documento ANEXo II- bis (continuación) soamente debe ser cuberto en caso de separación ou divorcio. De non ser o caso, soamente se cubrirá a data. )

 

REFRÁN MARZO

Bos días familias

Aqui tedes a proposta do EDLG para o noso refraneiro do próximo mes.

Que pasedes un bo entroido.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro mércores 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha das autoras máis importantes en Lingua Galega.

Nas aulas estamos a traballar sobre a súa vida e a súa obra.

Adxuntamos un arquivo con información sobre ela para que o vexades na casa cos nenos e nenas e comprobedes o moito que saben e o moito que lles gustan os seús poemas.

Preme na imaxe para abrir o arquivo adxunto.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ENTROIDO

Bos días:

A próxima semana, no CRA celebraremos o noso "Entroido Eurovisivo" para o cal precisamos a vosa colaboración para cumprir as ordes do meco, neste caso Caselín eurovisivo.

Aquí vos deixamos as súas ordes, para que busquedes pola casa o que teñen que traer os nenos e nenas cada día.

Grazas pola vosa colaboración

O equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o EDLG


MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2022/2023

 

REFRÁN DO MES DE FEBREIRO

Coma cada final de mes, aquí tedes a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o mes de febreiro.

Lembrade que se coñecedes algún outro refrán sobre os meses do ano, podedes facérnolos chegar por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS

Estimadas familias,

para dar resposta as dúbidas máis frecuentes que se dan con motivo das novas medidas implantadas nas escolas en xaneiro

sobre o xeito de actuar ante novos casos de Covid-19 deixamos unha relación das dúbidas principais que vos poden xurdir.

 

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS XANEIRO 2022 PREGUNTAS FRECUENTES

 

Agardamos que vos aclaren a situación.

EQUIPO COVID

Feliz día da educación a tod@s!

COMUNICAR CASOS POSITIVOS A SANIDADE

Estimadas familias

Aquí debaixo deixámosvos o enlace á Declaración responsable de autotest positivo

(pinchar na imaxe)

Declaración responsable de autotest positivo

 

Ademais, tamén podedes notificar casos positivos detectados no ámbito familiar chamando ao teléfono:

881 540 045

 

Saúdos

Equipo Covid

CRA Raíña Aragonta

Distribuir contido

Back to top