Escolares
EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA
Posted Maio 15th, 2024 by profe4As nenas e nenos de Entenza hoxe estivemos experimentando coa luz negra. Primeiro descubrimos o efecto que facía na nosa roupa, pel, uñas... Despois desfrutamos do conto de Leotolda e por último axudamos os seus amigos a atopala, deixando voar a nosa imaxinación e debuxando a Leotolda tal e como cada unha pensabamos que era.
Que ben o pasamos, deixamos por aquí unha mostra de todo o que fixemos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
JUGUEMOS A HACER YOGA
Posted Marzo 11th, 2022 by profe39Buenos días familias. Este mes desde el Área de Educación Física llevaremos a cabo el Yoga, ya que dicho trabajo mejora el desarrollo cognitivo y motor del alumnado.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
FESTIVAL DE EUROVISIÓN
Posted Febreiro 24th, 2022 by profe19ESTE ANO NON FOI POSIBLE CELEBRAR O ENTROIDO COMO FACIAMOS EN ANOS ANTERIORES, PERO AÍNDA ASÍ, ESTA FESTIVIDADE ESTIVO PRESENTE NAS NOSAS AULAS .
TENDO EN CONTA O PROXECTO DO CENTRO, DECIDIMOS VIAXAR POLO MUNDO AO SON DA MÚSICA. AO LONGO DA SEMANA CUMPRIMOS AS ORDES DE CASELÍN, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA E PARA PECHAR A FESTA, VISIONAMOS UN FESTIVAL DE EUROVISIÓN, ONDE NÓS ERAMOS OS PARTICIPANTES.
QUEREDES SABER QUEN FOI O PAÍS GAÑADOR? POIS ESTADE BEN ATENTOS.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ENTROIDO
Posted Febreiro 15th, 2022 by profe8Bos días:
A próxima semana, no CRA celebraremos o noso "Entroido Eurovisivo" para o cal precisamos a vosa colaboración para cumprir as ordes do meco, neste caso Caselín eurovisivo.
Aquí vos deixamos as súas ordes, para que busquedes pola casa o que teñen que traer os nenos e nenas cada día.
Grazas pola vosa colaboración
O equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
SAMAÍN
Posted Outubro 27th, 2021 by provisional2Xa chegou Samaín!!!!!! E realizaremos unha viaxe terrorífica a Transilvania!!! Ides tremer de medoooooooo
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
SAN XURXO EN OUTUBRO
Posted Outubro 24th, 2021 by profe31
Iniciamos a volta ó mundo, comeza o outono e trememos de medo co Samaín!!!!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Somos previsores e xa imos abonando a terra
Posted Outubro 8th, 2021 by profe3- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Dámoslle a benvida á primavera
Posted Abril 11th, 2021 by profe16Boas familias!!
A verdade é que teño que comezar pedindo disculpas por ter este apartado tan abandono. Este curso está a ser un pouco complicado, e no que menos estamos pensando é en sacar fotos.
Aínda así gustaríanos empregar este espazo a modo de blogue, para poder achegarvos algunhas cousiñas das que están a acontecer na nosa aula, e deixar así aberta unha nova canle de comunicación familia-escola.
Esperamos que gocedes tanto vendo as nosas experiencias coma nos o facemos dentro do cole.
Comezamos o trimestre, e como para todos é ben sabido, os mércores son os días nos que experimentamos coas nosas capacidades artísticas, póndonoas a proba. Este mércores, decidimos darlle a benvida á primavera por todo o alto, e non se nos ocurriu mellor modo de facelo que da man do noso amigo Tullet (autor xa coñecido por todos). Como nos iamos a resistir a faer a nosa propia versión deste CAMPO DE FLORES tan divertido?
Houbésenos gustado que o papel fose moito mais grande e todos puidesemos pintar no mesmo, pero... este coronavirus tráenos de cabeza, e non nos deixa, así que a grandes males, grandes remedios. Non podemos facer un único mural? pois facemos mais, e repartímonos nos pequenos grupos.
Un saúdo!!
Profe Judit
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OCURRE(CIE)NCIAS: A vaca que puxo un ovo
Posted Decembro 5th, 2020 by profe20Este taller, motivado trala lectura do conto "A vaca que puxo un ovo" tivo lugar hai un mes pero, por algún erro, non se subíu a entrada así que... velaquí está.
A vaca que puxo un ovo é un divertido conto no que numerosas ideas se mesturan e nos permiten poñer en xogo os nosos coñecementos sobre a reproducción dos animais, os cambios de estado dos materiais, ... Coma sempre nos achegamos ao mundo das ciencias dunha forma divertida. Experimentamos como os ovos pasaban de quebradizos a brandos, como cambiaban de cor, ... e mesmo fixemos nos mesmos un ovo!
Encantóunos!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OCURRE(CIE)NCIAS: Alicia en el país de las maravillas
Posted Novembro 27th, 2020 by profe20Este venres, voltaron as tolas "ocurre(cie)ncias" á aula. Desta vez, o libro elixido foi "Alicia en el país de las maravillas". Unha historia que nos sorprendeu por extraña, ocurrente e divertida.
A súa lectura deu lugar a múltiples parladoiros e xogos e, tamén, a experimentos que hoxe nos fixeron coñecer a algún dos personaxes da historia como o Sombrerero loco, a introducirnos no fantástico mundo das ilusións ópticas e a traballar aspectos cotiáns como a numeración pero dunha forma moito máis divertida.
Como vedes, non houbo forma de que dexasen de mirar o noso sombrerero...
Por se vos apetece recordar un pouquiño a historia que motivou este taller, premede na imaxe anterior e poderedes ver un anaco da película de Disney. O luns veremos o resultado da experiencia cos osiños de goma... conseguiremos facer que medren como Alicia cando comeu a torta?
Moito coidado coas vosas cabezas pequenos!
Biquiños con sabor a osiño de gominola de Lupo e mais eu.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »