Escolares

Carreira solidaria "La vuelta al cole"

O pasado martes, todos e todas participamos nunha carreira moi especial. O motivo da mesma é colaborar na investigación da leucemia, procurando respostas á mesma que melloren a vida dos peques que a padecen. 

Con este propósito colaboramos cunha achega simbólica e recibimos o noso dorsal de corredor. 

A carreira converteuse nun circuito no que tiñamos que correr, saltar, deslizarnos e pasar entre unha chea de fitas de colores. Non queriamos nin gañar nin perder, só axudar e divertirnos e o obxectivo quedou conseguido.

Velaquí os tedes lucindo diploma e medalla....  todos e todas son uns campións!!

       

Tempo de SAMAÍN

Chegou o tempo das pantasmas, morcegos, bruxas e arañas, ... dos sustos e das risas, ... é o tempo de Samaín!

Grazas ao traballo dos peques a aula estaba decorada para unha festa de Samaín na que non faltaron a música nin os xogos...

Para que non perdades o ritmo e sigades bailando sen parar cos vosos monstros premede na imaxe e desfrutade da canción de Xan Curiel "Toca o teu pé", pertencente ao disco "A casa do Terror". 

 

Biquiños de baba de caracol e tea de araña de Lupo e meus.

OCURRE(CIEN)CIAS: "Marcelina en la cocina"

Comezamos un pequeno proxecto destinado a achegarnos ao mundo da ciencia a través dos contos. Hoxe foi o turno de "Marcelina en la cocina". A través desta divertida historia, fixemos un pequeno experimento que nos gustou moitísimo.

 

Vos deixo un pequeno xogo para que volvades a escoitar o conto e contestedes a algunhas preguntiñas coa axuda dalgún maior. 

Biquiños de tutifruti de Lupo e mais eu.

 

Xogamos?

Como esta fin de semana é un pouco máis longa do habitual, vos presento un novo xogo para que non esquezades aos compañeiros e compañeiros da aula. Trátase dun memori no que os protagonistas sodes vos. Lupo e mais eu esperamos que vos guste. Premede na imaxe e... a xogar!!

Biquiños de Lupo e mais eu

Bolboretas de outono

Hai uns días xa que os peques da aula sairon "voando" cara as súas casas. E é que se tiñan convertido en bolboretas de outono. Cada día, cando volvemos do recreo, nos convertemos en bolboretas para recuperar a calma e que mellor forma de festexar a chegada do outono que crear unhas ás e unhas antenas de bolboreta con elementos propios desta estación. Velaquí o seu traballo 

 

 

e o fermoso resultado

 

QUEN SERÁ, SERÁ?

Este luns, a nosa aula estivo de celebración.

E é que, unha das nosas peques, estivo de cumpreanos. Recordades quen foi? Seguro que vos si pero se cadra as vosas familias non o saben, que vos parece se xogamos a que adiviñen de quén se trata?

Premede na foto a continuación e descubride a nosa cumpreañeira ;)

 

 

Biquiños de Lupo e máis eu.

Xogamos?

Comezou un curso moi peculiar no que as nosas cariñas aparecen tapadas cada día por unha máscara... e, por qué non aproveitar isto para xogar?

Qué vos parece unir as vosas fotos con e sen máscara? Seredes quén de adiviñar quen se agocha detrás de cada unha delas? 

Premede sobre a imaxe para acceder ao xogo e, se vos gusta, comentádemo.

Biquiños de Lupo e meus tamén Guiño

Ana. 

Semana do libro

Policía

 

 

Nadal

 

Distribuir contido

Back to top