Responder ó comentario
OCURRE(CIE)NCIAS: Alicia en el país de las maravillas
Posted Novembro 27th, 2020 by profe20Este venres, voltaron as tolas "ocurre(cie)ncias" á aula. Desta vez, o libro elixido foi "Alicia en el país de las maravillas". Unha historia que nos sorprendeu por extraña, ocurrente e divertida.
A súa lectura deu lugar a múltiples parladoiros e xogos e, tamén, a experimentos que hoxe nos fixeron coñecer a algún dos personaxes da historia como o Sombrerero loco, a introducirnos no fantástico mundo das ilusións ópticas e a traballar aspectos cotiáns como a numeración pero dunha forma moito máis divertida.
Como vedes, non houbo forma de que dexasen de mirar o noso sombrerero...
Por se vos apetece recordar un pouquiño a historia que motivou este taller, premede na imaxe anterior e poderedes ver un anaco da película de Disney. O luns veremos o resultado da experiencia cos osiños de goma... conseguiremos facer que medren como Alicia cando comeu a torta?
Moito coidado coas vosas cabezas pequenos!
Biquiños con sabor a osiño de gominola de Lupo e mais eu.
- %count lecturas