Últimas Publicacións
2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Posted Abril 2nd, 2022 by provisional1Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, dende o Departamento de Orientación, queremos compartirvos este vídeo, no que Melisa Tuya e Diana Bohórquez conversan sobre o autismo dende unha perspectiva familiar e profesional onde se abordan aspectos, entre outros, como as realidades e mitos que rodean a este trastorno.
Ademais, como recursos de interese recomendamos o pódcast de NOEMÍMISMA sobre el autismo, no que se manteñen pequenas conversas con profesionais e persoas que están dentro do espectro, e no que se abarca unha ampla gama de temas de interese, e o blog de Anabel Cornago "El sonido de la hierba al crecer", no que podemos atopar numerosos recursos para traballar a estimulación dos diferentes ámbitos do desenvolvemento.
Esperamos que sexan do voso interese.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Presentación do libro "Dedas"
Posted Marzo 31st, 2022 by equipodirectivoQueridas familias:
Adxuntamos a información que nos achega o concello de Salceda sobre a presentación do libro "Dedas" que terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado día 2 de abril as 17:30 horas.
Neste evento se desenvolverá un contacontos para nenas e nenos de entre 0 e 6 anos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REFRÁN DE ABRIL
Posted Marzo 22nd, 2022 by profe8Aquí vos deixamos s nosa proposta de refrán para o mes de abril.
Como xa sabedes podedes mandar os vosos refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com ao final de curso faremos un refraneiro coas vosas aportacións.
Grazas pola colaboración
O EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
21 de marzo: Día Mundial da Síndrome de Down
Posted Marzo 21st, 2022 by provisional121 de Marzo
Día Mundial da Síndrome de Down
Hoxe é o Día Mundial da Síndrome de Down e, dende o Departamento de Orientación, queremos achegarvos a campaña promovida pola asociación Down España, para conseguir inundar as redes sociais de apertas e mensaxes de agradecemento a toda a sociedade.
Ademais, compartímosvos estes dous vídeos para pequenos e maiores, que nos achegan un pouquiño máis a coñecer esta Síndrome de maneira sinxela e natural, para deixar atrás falsos mitos e despexar dúbidas.
Animádevos a participar! E recordade:
Todos temos a sorte de ser diferentes.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022
Posted Marzo 14th, 2022 by profe8O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, dende as aulas fixéronse moitos traballos diversos sobre esta poetisa.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo con algunha desas actividades
Grazas as titoras, titores e peques por colaborar nesta actividade.
O EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Dende o CRA tamén queremos reivindicar a igualdade ao ritmo da música! 8 de marzo día internacional da muller
Posted Marzo 7th, 2022 by profe3
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
RESERVA DE PRAZA NO CEP ALTAMIRA PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023
Posted Febreiro 26th, 2022 by profe19- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PRAZAS VACANTES CURSO 2022/2023
Posted Febreiro 26th, 2022 by profe19- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2022/2023
Posted Febreiro 24th, 2022 by profe19
- As seguintes instruccións dítanse ao abeiro da seguinte lexislación:
Decreto 13/2022, do 3 de febreir o, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B)
- O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 1 ao 21 de marzo.
- OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B): serán facilitados gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
- A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro Nº 9 ), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada.
Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos a documentación na secretaría do centro e non vía telemática.
O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:
LUNS: de 12:45 a 13: 15 horas.
MARTES: de 9:45 a 11:00 horas.
MÉRCORES: de 9:45 a 11:00 horas.
XOVES: de 12:15 a 13:15 horas.
VENRES: de 9:45 a 11:00 horas.
INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:
- Cada alumno ou alumna só pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- As solicitudes deberán ser ASINADAS POR AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. No caso de separación, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.
No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familias, cando denegue a súa consulta. (orixinal e copia)
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (orixinal e copia)
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. (orixinal e copia)
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023
- Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo
- Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de Marzo
- Presentación da documentación acreditativa para o baremos, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas: publicaranse as datas se fora preciso.
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio
- Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de xuño.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO ( XESTIONADOS POR ANPA AS LANDRAS E ANPA ALTAMIRA)
- COMEDOR ( ANPA ALTAMIRA)
- AULA MADRUGA : 7:30 A 9:15
- AULA TARDÍA (DEPENDE DO Nº DE SOLICITUDES) : ATA AS 15: 00 HORAS
- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ( DEPENDEN DA SITUACIÓN SANITARIA DERIVADA DA COVID-19)
- SERVIZO MÚDAME
- CONCILIACIÓN NO PERIODO DE ADAPTACIÓN: DEPENDE DO NÚMERO DE SOLICITUDES
PODEDES DESCARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE NOS FIXEIROS ADXUNTOS. ( O Documento ANEXo II- bis (continuación) soamente debe ser cuberto en caso de separación ou divorcio. De non ser o caso, soamente se cubrirá a data. )
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REFRÁN MARZO
Posted Febreiro 22nd, 2022 by profe8Bos días familias
Aqui tedes a proposta do EDLG para o noso refraneiro do próximo mes.
Que pasedes un bo entroido.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »