Skip to Content

Maio 2018

CAN DE PALLEIRO

O mércores día 23 de Maio tódolos nenos e nenas do CRA participamos da actividade can de palleiro, promovida pola ANPA do centro e que se enmarca dentro do Plan Proxecta que estamos a traballar este curso.

Fomos ao Auditorio Municipal para coñecer as características dos "cans de palleiro", raza autóctona galega que se atopa en perigo de extinción. Alí coñecimos a Loira, unha cadela preciosa, amigable, rastreadora, que sabe sumar e coa que puidemos xogar e disfrutar un anaco.

COELLIÑOS DE PASCUA

Previamente ás vacacións de semana santa elaboramos uns coelliños de pascua con vasos de plástico e picamos e pegamos as orellas, o nariz, os bigotes e os ollos; e por dentro, a parte máis doce da nosa manualidade: un montón de ovos de pascua!!

VISITA DE MASCOTAS

MURAL DE ANIMAIS DOMÉSTICOS

Entre todos elaboramos un mural para decorar a aula con todas as cousas que estivemos aprendendo sobre os animais domésticos: alimentación, nacemento, estructura ósea, hábitat, cuberta do corpo, os loros, os animais da granxa e o coidado e o respecto dos seres vivos.

 

 

MÁSCARAS DE LOROS

Gracias á colaboración das nosas familias puidemos facer estas máscaras que levamos no entroido co disfraz de loro. Empregamos fieltro, goma eva, cartulina e silicona. ¡Quedaron moi vistosas!

MAQUILLAXE DE ANIMAIS

Para dar á benvida á estación da primavera, fixemos unha pequena festa na que, entre outras cousas, levamos a cabo un taller de maquillaxe no que nos maquillamos de diferentes animais relacionados con esta estación.

MAQUILLAXE DE ANIMAIS

Para dar á benvida á estación da primavera, fixemos unha pequena festa na que, entre outras cousas, levamos a cabo un taller de maquillaxe no que nos maquillamos de diferentes animais relacionados con esta estación.

LAPBOOK DE ANIMAIS DOMÉSTICOS

Cada un/unha de nós elaborou un lapbook onde reflictimos todo o que aprendimos sobre os animais domésticos: alimentación, habitat, reproducción... Neste lapbook fixemos un pequeno apartado dedicado ó animal do cal nos disfrazamos no entroido: o loro. Sobre os loros aprendimos que teñen o pelo cuberto de plumas, son ovíparos, vertebrados...e moitas cousas máis!

CAIXA RATO

Unha vez máis, as aulas de 5 anos de Esfarrapada xuntámonos para elaborar unha actividade. Xa que estamos no último curso da etapa de Educación infantil e a moitos/as de nós comezáronnos a caer os dentes, decidimos elaborar unha manualidade que consistiu en fabricar unha pequena caixa con forma de queixo e decorada cun rato. ¡Agora xa ttemos onde gardar os dentes!

IOGA CON ANIMAIS

Aprendizaxe dunha pequena rutina de Ioga aproveitando as moitas posturas de animais que se utilizan nesta disciplina.



by Dr. Radut