Plan Proxecta "Donas de sí"

PREPARANDONOS PARA A CARRERIA "CORREXSALCEDA"

 

O pasado domingo 5 de maio celebrouse unha nova "Corre x Salceda", carreira popular que pretende dar a coñecer os espazos naturais do concello pero, sobre todo, favorecer a práctica deportiva en todas as idades. Así, o noso alumnado foi convidado a participar. Dende o noso proxecto e, co propósito de contribuír ao fomento da igualdade, decidimos elaborar unhas pancartas coas que animar aos e ás participantes. 

Asemade, un grupo de mestras e mestres decidimos participar carreira portando unhas camisetas co lema "Mesma ilusión, mesmo esforzo, mesmo resultado". Os e as peques colaboraron na súa decoración estampando os seus dediños nas mesmas.

 

 

As sementes de Wangari

Seguindo as ideas de Wangari Maathai que creou un cinturón verde en África, as nenas e os nenos de 5 anos B quixemos poñer o noso gran de area facendo unha pequena plantación na aula.

Para iso, decoramos e preparamos uns semilleiros, botamos terra, sementes, auga e moito amor e cariño, para que xerminen as nosas sementes. Vos iremos informando da evolución da nosa plantación.

 

 

Os nosos xoguetes

As nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.

NOVIDADES

CONTINUAMOS AMPLIANDO OS RECURSOS DA BIOBLIOTECA CON EXEMPLARES DONDE DESTACA O PAPEL DAS MULLERES GALEGAS.

PROXECTO DONAS DE SÍ

Seguindo a temática do proxecto`Donas de sí´elexido polo CRA Raíña Aragonta, se realizarán diferentes actividades relacionadas coa coeducación. Traballaranse actividades nas que se percatarán de que tanto nenos como nenas poden elixir calqueira xoguete de forma libre.

Memori sobre a igualdade no deporte

Un novo xogo: o memori. Neste caso reunimos imaxes nas que homes e mulleres practican diferentes deportes. O propósito, ademais de traballar a memoria, a atención e outras capacidades, era coñecer ata que punto os estereotipos de xénero están presentes entre o alumnado.

Bingo de supermulleres

Realizamos un novo traballo de investigación: procuramos "supermulleres". Coñecemos os seus nomes e qué foi o que as converteu en persoas tan relevantes. Desta vez, non debuxamos nin tentamos escribir, xogamos ao bingo! Outro xeito de afianzar o que aprendemos, dunha forma divertida e na que participamos todos.

PREPARATIVOS ENTROIDO

Grazas as familias pola colaboración neste primeiro Entroido xuntos e especialmente as maquilladoras pola axuda prestada no día do desfile...

 

As tarefas e a súa distribución no fogar

Co motivo do Dia Internacional da Muller, nenos e nenas reflexionaron sobre quen se encarga no seu fogar de diferentes tarefas como poñer a lavadora, reparar, facer a cama, etc. e plasmárono nunha tarefa.

Os resultados poden observarse, pensamos que todavía queda moito que cambiar. Esperamos que este proxecto cumpra os obxectivos que nos marcamos e que, nun futuro, os resultados non sexan os mesmos.

Exposición de traballos

Para rematar as nosas investigacións decidimos convidar ás familias a observar todos os nosos traballos e, sobre todo, agradecer a súa colaboración á hora de recoller información.

Distribuir contido