Xaneiro 2023

AULA MULTISENSORIAL

Ao alumnado do CRA Raíña Aragonta gústalle moito asistir á aula multisensorial, nela melloran as súas habilidades comunicativas, adquiren aprendizaxes a través do descubrimento e aprenden a desenvolver as súas habilidades visuais, auditivas, táctiles e motrices.

 

 

RELAXACIÓN - DÍA DA PAZ

OLA! HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E, POR ISO, IMOS PROPOÑER UNHA SERIE DE EXERCICIOS PARA RELAXARNOS.

APROVEITAMOS ESTE DÍA PARA OBTER HARMONÍA E TRANQUILIDADE?

IMPORTANTE: É POSITIVO FACER OS EXERCICIOS PROPOSTOS MENTRES ESCOITAMOS A MÚSICA ADXUNTA.

ANIMÁDEVOS?

 

MÚSICA

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Para conmemorar o Día internacional da Educación (24 de Xaneiro) amosámosvos o conto "A horta de Simón" no que están presentes o traballo en equipo, o esforzo, a convivencia en harmonía e o contacto coa natureza.

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

 Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Unha das formas máis sinxelas de explicar aos máis pequenos todo o relacionado coa paz e o respecto é a través dos libros de literatura infantil.

Por iso, deixámosvos unha selección de libros infantís que temos á vosa disposición na nosa biblioteca.

Agardamos que vos sexan útiles.

 

"CREANDO SÍMBOLOS DE PAZ" (DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ)

 

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e, para celebralo, a nosa mascota Caselín vainos amosar diferentes imaxes e símbolos, que ao longo da historia, representaron e representan a paz. 

 

  Agora tócalle ao noso alumnado deseñar un símbolo de paz.

No seguinte vídeo podedes gozar das súas creacións.

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 Para conmemorar o  Día internacional da Educación (24 de Xaneiro) amosámosvos o conto "A horta de Simón" no que están presentes o traballo en equipo, o esforzo, a convivencia en harmonía e o contacto coa natureza.

 

 

PRÉSTAMO DE ADULTOS

 Educar aos nenos e nenas é un reto marabilloso, pero non está exento de dificultades. Aquí tedes unha selección de libros que vos axudarán a resolver problemas cotiáns na educación dos vosos fillos, con ideas sobre ás últimas correntes educativas e reflexións para seguir aprendendo ao longo deste apaixonante camiño. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DOS LIBROS

Destinatarios:pais/nais do alumnado do CRA Raiña Aragonta.

Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando nome e apelidos, libro que desexa reservar e día que prefiren recoller o libro (martes ou xoves). Ademais deben informar o nome do seu fillo/a e a aula no que están matriculados.

Confirmación: unha vez realizada a solicitude, recibirán un correo electrónico informándolles o día exacto que comeza o préstamo.

Duración: o préstamo será de tres semanas (21 días).

Recollida e devolución: na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.

Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30.

 

Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.

 

Back to top