Recuncho maker

IOGA CON ROSALÍA DE CASTRO

IMOS GOZAR DESTA SESIÓN  DE IOGA CO SEGUINTE POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

AGORA CONVERTERÉMONOS EN POMBAS, ESTADE MOI ATENTOS E SEGUIDE AS INDICACIÓNS.

  

 
GUSTOUVOS ? ESPERAMOS QUE SI. DESPEDÍMONOS ATA O VINDEIRO MES E DEIXÁMOSVOS ESTE POEMA ANIMADO DE ROSALIA, POR SE QUEREDES COÑECER MÁIS POEMAS DA SÚA OBRA.
 
ATA LOGO, PEQUES!
 
 

REALIDADE AUMENTADA

 Sabedes o que é a... REALIDADE AUMENTADA??

É un recurso  tecnolóxico moi chuli que podemos empregar tanto na aula coma na casa e que mestura o mundo virtual e o mundo real a través de dispositivos electrónicos como por exemplo o móbil ou a tableta. 

En primeiro lugar, na biblioteca contamos con varios contos a través do cales podemos introducirnos na Realidade Aumentada.

En segundo lugar, para traballar tanto na aula coma na casa, amosámosvos unha aplicación moi guai e moi sinxelas para desfrutar da Realidade Aumentada. Para descargala podedes pinchar na seguinte imaxe:

 

 

Para entender o seu uso deixámosvos o seguinte vídeo:

A maiores, se queredes continuar investigando e probando mais aplicacións sobre esta temática, deixámosvos dous artigos con listas das más utilizadas:

 

UNHA GRAN VARIEDADE DE APPS DE REALIDAD AUMENTADA

                                    

 

¡¡Esperamos que disfrutedes moito probando este novo recurso!!

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ESTE MES PARA REALIZAR O OBRADOIRO DE IOGA VIAXAREMOS Á INDIA, LUGAR NO QUE VIVÍA MAHATMA GANDHI, LÍDER PACIFISTA QUE DEFENDEU E PROMOVEU A NON VIOLENCIA E A RESISTENCIA PACÍFICA FRENTE A INXUSTIZA.

AO REMATAR PODEDES CONVERSAR A CERCA DE COMO VOS SENTIDES.

PODEDES APROVEITAR E LEMBRAR SITUACIÓNS NAS QUE SENTISTES  EMOCIÓNS RELACIONADAS COA PAZ: ALEGRÍA, AMOR, TRANQUILIDADE,... E TAMÉN EMOCIÓNS RELACIONADAS COA VIOLENCIA: IRA, MEDO, SUFRIMENTO,...

"A PAZ COMEZA CUN SORRISO". ENSINA QUE UN SORRISO DI MÁIS QUE MOITAS PALABRAS  E A SER SEMPRE AMABLE COAS PERSOAS QUE NOS RODEAN.

 

 

XOGOS DE NADAL

XOGOS DE NADAL

 

Xa falta pouquiño para as vacacións de Nadal e dende o Equipo de Biblioteca non queremos que vos aburrades nestas festas, así que traémosvos un SÚPER RECOPILATORIO de contos, actividades e xogos para realizar na aula e, sobre todo, nas vosas casas.

Comezamos por unha actividade para realizar na AULA. Trátase do SCAPE ROOM “Mis traviesos ayudantes”, no que teredes que axudar a Papá Noel a atopar os regalos que os seus trasnos esconderon polo cole. Atrevédesvos?? 

Podedes acceder ás instrucións abrindo o arquivo adxunto ou pinchando na seguinte imaxe:

 

 

O seguinte recompilatorio tamén está pensado para traballar na pizarra dixital da AULA, pero pódese facer tamén na CASA a través da tablet ou no ordenador. Trátase dunha RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES para traballar al linguaxe oral na que @s nen@s teñen que contar unha historia e seguir instrucións. O marabilloso é que contamos con dúas versións: unha en castelán e outra en GALEGO.

Para acceder ás mesmas soamente tedes que pinchar nas seguintes imaxes:

                 

                                     

 

A seguinte actividade, que se pode realizar tanto na AULA coma na CASA é a lectura de diversos CONTOS DE NADAL. Algúns deles teñen a posibilidade de desfrutarse mediante audiolibro ou videoconto!! 

 

Podedes acceder a todos eles pinchando na seguinte imaxe:

 

 

Finalmente, como sabemos que non é moi recomendable saír da CASA nestas festas, queremos que continuedes xogando, por iso trémosvos unha recompilación de XOGOS INTERACTIVOS coma buscar as diferenzas, puzzles, 3 en raia, memorys... Nós fixemos unha pequena selección dos que mais nos gustaron, á que podedes acceder pinchando en cada unha das imaxes:

 

   

   

 

Pero podedes acceder a todos os xogos pinchado na seguinte imaxe:

 

 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

QUE BEN O PASAMOS FACENDO IOGA!!
O MELLOR TAMÉN É O BEN QUE NOS SENTIMOS AO REMATAR ESTAS SESIÓNS.
 
ANIMÁDEVOS E PROBADE NAS VOSAS CASAS!

OBRADOIRO DE IOGA

OLA PEQUES!!!! ESTA SEMANA PROPÓÑOVOS UNHA ACTIVIDADE DE MINDFULNESS. GRAZAS A ESTAS PEQUENAS TÉCNICAS PODEMOS AXUDAR AOS NENOS E NENAS A APRENDER E FORTALECER AS SÚAS HABILIDADES E DESTREZAS CO TEMPO.  AO PRACTICAR A ATENCIÓN, OS NENOS E NENAS APRENDERÁN A SER MÁIS CONSCIENTES DOS SEUS PROPIOS SENTIMENTOS, SENSACIÓNS, PENSAMENTOS E DO ENTORNO QUE OS RODEA.

NESTE CASO TRABALLAREMOS A ATENCIÓN COA TÉCNICA DO 5-4-3-2-1

DEBEDES PINCHAR EN CADA NÚMERO, COMEZANDO POLO 5 E AO REMATAR DE ENUMERAR TODOS OS ELEMENTOS ESTARÁN MÁIS TRANQUILOS E ATENTOS.

 

MESA DE LUZ

MESA DE LUZ

 

Para estrenar o Recuncho Maker traémosvos un recurso moi moi chuli co que contamos no cole, pero que tamén podemos fabricar na casa: A MESA DE LUZ!!

 

 

En primeiro lugar, na biblioteca dispoñemos dunha mesa de luz a disposición de tódalas aulas, polo que o profesorado titor podedes visitar a biblio para desfrutar do seu uso.

 

En segundo lugar, para crear unha mesa de luz na casa, deixámosvos dous videos con tódalas instrucción precisas para realizala.

 

 

 

Unha vez teñamos a nosa mesa de luz, podemos traballar con ela infinidade de cousas: formas, cores, grafomotricidade, tamaños, números...etc. Aproveitando que nos atopamos en Outono, invitámosvos a que visitedes estes blogues nos que atoparedes actividades para experimentar coa mesa de luz. Para acceder soamente tedes que pinchar nas seguintes imaxes:

 

 

 

 

 

 

 

ESPEREMOS QUE DESFRUTEDES DESTE MARABILLOSO RECURSO!!

OBRADOIRO DE IOGA

BOS DÍAS, PEQUES!!!!

HOXE FÁGOVOS ESTA VISITA PARA ACHEGARVOS UN PEQUENO OBRADOIRO DE IOGA. A SEGUNDA SEMANA DE CADA MES DEIXAREIVOS DIFERENTES PROPOSTAS.

PINCHANDO NOS SEGUINTES NÚMEROS ATOPAREDES:

1. BENEFICIOS DO IOGA

2. SESIÓN DE IOGA: POSTURAS DE ANIMAIS 

3. MÚSICA DE RELAXACIÓN PARA QUE POIDADES FACER AS POSTURAS UNHA VEZ QUE XA AS TEDES INTERIORIZADAS.

4. LIBRO DE IOGA DE DIFERENTES POSTURAS DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA DO CENTRO.

 

AGORA A CONCENTRARSE E A GOZAR DESTA SESIÓN EN FAMILIA.

DENDE A BIBLIOTECA ACHEGÁMONOS AO MUNDO DIXITAL

Ola amiguiñas e amiguiños, que tal? como vos atopades? Eu estou un pouco canso de tanto traballar e supoño que vós tamén. Estiven revisando todo o que fixestedes sobre o noso proxecto do "MAR" e traballastedes moitísimos.

Por isto quero deixaros aquí unha recopilación dos xogos dixitais do noso proxecto do "MAR",  a ver se vos gustan...

RODA DOS ANIMALIÑOS DO MAR.

PASAPALABRA "A VIDA NO MAR"

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5718963-a_vida_no_mar.html

Test de preguntas e respostas, "XOGAMOS CO MAR"

PREME NO ENLACE: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5834062-animais_do_mar.html

Sopa de letras, "ANIMALIÑOS DO MAR"

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5866473-animais_marinos.html

Xogo para saber que aprendemos do mar, QUIZ CRA RAIÑA ARAGONTA

UNHA NOVA AMIZADE NA BIBLIOTECA

 

Caselín, a nosa mascota da aula, ten unha nova amizade (non especificamos sexo para que os nenos/as decidisen cal era) e tróuxonola á biblioteca para que poidamos coñecela. Pediunos ademáis que entre todos os nenos e nenas do cole inventemos un nome para el/ela. O seu nome finalmente foi: PÚRPURA.

Con púrpura fixemos actividades como buscar as letras do seu nome, ¡pareceunos moi divertido!

 

Distribuir contido