Plan Proxecta "Donas de sí"

"DONAS DE SÍ". MURAL

 Na aula colocamos un mural co mapa do mundo. Nese mapa localizamos o país de nacemento de cada muller e colocamos a bandeira do seu país.

"DONAS DE SÍ". O LLAVERO

Co material jumping clay os nenos e as nenas moldearon un llavero co signo da iguadade.

 

 

"DONAS DE SÍ". MÉMORI

Con tapas de botellas elaboramos un mémori de mulleres pioneiras.

"DONAS DE SÍ" . LIBRO DE INVESTIGACIÓN

Coa axuda das familias os nenos e as nenas na casa fixeron un traballo de investigación, onde cada neno/a investigou unha muller pioneira. Con todas estas investigacións realizamos un libro que titulamos “Mulleres pioneiras da historia”.

 

 

"DONAS DE SÍ". O CALENDARIO

Na aula fixemos un calendario de mulleres importantes, onde cada mes está dedicado a unha muller. Cada neno/a realizou unha páxina, onde decoraron a foto da muller e repasaron os números.

 

 

"DONAS DE SÍ". OS DISFRACES

No entroido os nenos e as nenas descubriron que os disfraces non teñen xénero, por iso realizamos un mural co lema “Os disfraces non teñen sexo, adeus aos prexuizos, todos somos iguais” e decoramos o mural cos nosos disfraces preferidos.




Correndo pola igualdade

VIDEO QUE REFLEXA O TRABALLO DE VARIOS PROFES NA CARREIRA "CORRENDO X SALCEDA" NA QUE CORRIMOS POLA IGUALDADE BAIXO O LEMA "MESMA ILUSIÓN, MESMO ESFORZO, IGUAL RESULTADO"

 

"DONAS DE SI". AS CORES

Grazas ás ordes da nosa mascota, os nenos e as nenas aprenderon que as cores non son nin de nenas nin de nenos, senón de todos. Polo cal, o martes de entroido todos os alumnos/as viñeron vestidos de cor azul e o mércores viñeron vestidos de cor rosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"DONAS DE SÍ". YAYOI KUSAMA

Na Samaín os nenos e as nenas de Entenza decoraron as cabazas segundo a técnica de Yayoi Kusama

 

  

FLOTA OU NON FLOTA

CONTINUAMOS INVESTIGANDO E COMPROBAMOS QUE HAI OBXECTOS QUE FLOTAN E OUTROS QUE NON.

AO FINAL CONTAMOS OS OBXECTOS E TRABALLAMOS O CONTIDO " IGUAL QUE"

 

Distribuir contido