Outubro 2021

DÍA DAS ESCRITORAS (18 DE OUTUBRO)

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Dende o CRA Raíña Aragonta conmemoramos a tres importantes escritoras españolas da literatura infantil como son Anna Llenas, Rocío Bonilla e Olga de Dios.

Por iso expuxemos algunhas das súas obras na nosa biblioteca, desexando que os nenos e as nenas gocen moito da súa lectura.

  

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola nenos e nenas:

Sabedes quen son? Moi ben son Caselín.

Algúns de vos xa me coñecedes, pero para os que nunca me vistes preséntome: son Caselín, un verme de cores. Vivo na vosa biblioteca porque encántame ler e durmo cada noite entre as follas dos libros, rodeado de moitas aventuras.

Vin vervos porque teño unha sorpresa na miña maleta, pero tamén un gran problema, esquecín o contrasinal de meu cadeado!!!

Axudádesme a recuperalo???

Tedes que superar varias probas para conseguir o número secreto.

Estades preparados???

Pois comeza o xogo!!!

 

 

 

 

Xenial rapaces, fixéstelo moi ben!

 

Despois desta sorpresa quérovos ensinar a través dun vídeo ese lugar tan máxico onde vivo, que é a biblioteca.

 

Xa case teño todo preparado para iniciar a miña viaxe.

  

 
 
 
 
Ademais déixovos o conto "ONCE DAMAS ATREVIDAS".
 
É unha historia que me encanta ler e espero que na miña viaxe me sucedan tantas aventuras como lle acontecen ás miñas once amigas. 
 
 
 
 
 
Grazas nenos e nenas por gozar tanto coas actividades. 
  
 

VIDEOCONTO

Ola a todos e todas:

Este novo curso, imos inagurar a sección de videocontos cun conto de sombras, acompañados dunha amiga moi larpeira. É unha homenaxe ao seu creador Eric Carle.

 

Esperamos que gocedes moitísimo con él.

 


Pinchade na imaxe e gozade do videoconto.



INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Ola a todos e todas. Este novo curso, imos inaugurar a biblioteca cun vídeo conto de sombras, acompañados dunha amiga moi larpeira e dunha pequena homenaxe ao seu creador. Esperamos que gocedes moitísimo con el.

 

CURSO 2021-2022

 
   
 
 
 

Back to top