Animación á lectura

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACION DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO ESCOLAR 2019/20

PROGRAMACIÓN DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2019-20

Caselín, contadas no xardín: Xuño

Boas casiliños e caseliñas!!

Chega o mes de Xuño, e con el remata o curso. Caselín comeza a estar xa algo cansado, e apetécelle irse de vacacións; pero el nunca nos deixaría sen conto!! Asi que tranquilas e tranquilos, que ímonos despedir como é debido.

Coma o vindeiro 5 de Xuño é o Día do Medioambiente, pensamos que era un bo momento para concienciarnos un pouco de cousas que pasan na nosa contorna, asi que... a ver que vos parece isto que lle pasa á Rá de tres ollos na súa casa... e se coñecedes algún sitio ó que lle pase algo parecido... non dubidedes en tratar de porlle solución!!

 

Unha aperta enorme!! Vémonos en Setembro!!

 

Caselín, contadas no xardín: Maio

BOAS CASELIÑOS E CASELIÑAS!!

CHEGOU O MES DE MAIO; MES DAS FLORES, MES DAS NAIS...E TAMÉN O MES DA NOSA LINGUA NAI; O GALEGO. O 17 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E ESTE ANO A HOMENAXEADA CHÁMASE XELA ARIAS.

ASÍ QUE... QUE MELLOR FORMA DE COÑECELA QUE DA SÚA PROPIA MAN?? ADEMAIS OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A E OS DE ENTENZA, TÉÑENVOS PREPARADA UNHA SORPRESIÑA... ESPERAMOS QUE A DESFRUTEDES!!

VÉMONOS EN XUÑO!

 

Contadas no xardín: Abril

Ola Amiguiñ@s!!!

Para conmemorar o Día Internacional do Libro infantil e Xuvenil, deixovos unha nova contada no xardín.

Agardo que vos guste!!!

En maio unha nova contada.

 

 

 
 
 

Caselín: contadas no xardín

BOAS CASELIÑOS E CASELIÑAS!!

PARECE MENTIRA, QUE XA NOS ATOPEMOS EN MARZO NON SI? ESTE CURSO ESTÁ VOANDO, E XA CASE SEN DARNOS CONTA CHEGOU A PRIMAVERA.

O 17 DESTE MES, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, POLO QUE QUIXEMOS ACHEGARVOS UN POUCO A ESTE MUNDO QUIZÁIS UN POUCO DESCOÑECIDO, A TRAVÉS DUN CONTO RIMADO, Ó CAL LLE ADXUNTAMOS TAMÉN UNHA PEQUENA SORPRESIÑA. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

 

Caselín: contadas no xardín

QUE TAL CASELIÑOS E CASELIÑAS?

CANTO TEMPO PASOU DENDE A ÚLTIMA HISTORIA NON SI?

A VERDADE E QUE XA COMEZABA A BOTARVOS DE MENOS...

SEGURO QUE NESTE TEMPO PASARON MOITAS COUSAS, ALGUNHAS BOAS OU MOI BOAS E SE CADRA OUTRAS QUE NON TANTO

PERO CHEGOU O MOMENTO ESQUECERNOS POR UN RATIÑO DE TOD E DESFRUTAR DO NOVO CONTO QUE VOS TRAIO

ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!

 

 

 

Unha vez máis "Caselín: contadas no xardín"

Ola Caseliños e Caseliñas!!!

Comeza o derradeiro mes do ano e, a pesar do frío,

Caselín traenos un novo conto dende o seu xardín.

Pinchade na imaxe para poder ver o vídeo.

Agardamos que vos guste!!!

                                               Hi Caseliños and Caseliñas!!!          

                                                    We are in the last month of the year and , despite the cold,

                                            Caselín has a new story for us from its garden.

                                 Click on the image to watch it.

                                We hope you like it.

                                                   

Caselín: contadas no xardín

OLA FAMILIAS E PEQUES!!

CHEGOU O MES DE NOVEMBRO, E CON EL, CASELÍN VOLVEU Ó SEU XARDÍN PARA LER UN NOVO CONTIÑO. DESTA VOLTA, E CO GALLO DO RECENTE SAMAÍN, ANIMOUSE COA LINGUA INGLESA.

A VER SE VOS GUSTA E O ENTENDEDES TODIÑO, QUE ESTAMOS SEGURÍSIMOS DE QUE SI.

VÉMONOS EN DECEMBRO CUNHA NOVA HISTORIA NO XARDÍN!!

Caselín: contadas no xardín.

Ola familias e peques:

Caselín, na súa casa, ten un xardín no que lle encanta sentarse a contar contos, ao inicio de cada mes, contaranos un conto.

No mes de outubro elexiu  " hasta que podamos abrazarnos", agardo que vos guste.

En novembro outra contada no xardín!!!

 

Distribuir contido