Decembro 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL

 Con motivo das vacacións de Nadal, dende a biblioteca do centro deixámosvos unhas recomendacións de lectura para estas datas.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

 

Bo Nadal a todos e todas!

 

 

PINCHADE NA IMAXE

FELICITACIÓN DE NADAL DO CEP ALTAMIRA

FELICITACIÓN DE NADAL DO CEP ALTAMIRA

Como cada ano, o alumnado voluntario da biblioteca do CEP Altamira envíanos un vídeo para desexarnos unhas felices festas, nesta ocasión recitando un poema de Ana María Fernández.

GRAZAS COMPIS!!

 

XOGANDO NA BIBLIOTECA

A biblioteca escolar non é só un espazo de lectura senón tamén un espazo de xogo.

 Grazas ao xogo, os nenos e nenas desenvolven a súa imaxinación e capacidade creativa. Mentres xogan experimentan, aprenden e proban novos retos.

 

NOVOS FONDOS PARA A BIBLIOTECA

 Estes días chegaron unha chea de novidades á nosa biblioteca, podédelas mirar premendo nas seguintes imáxenes.

Esperamos que vos gusten e gocedes moito con elas. 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, dende a biblioteca ofrecémosvos unhas recomendacións  lectoras, xa que somos conscientes do importante que é comezar a educar en valores de igualdade dende idades moi temperás. 

 

PREMEDE NA IMAXE

COCIÑANDO EN FAMILIA

 Este curso inauguramos a sección “Familias Lectoras” convidándovos a cociñar todos xuntos e a compartir con todos nós esas tenras imaxes.

É a nosa forma de conmemorar o Día Universal da Infancia e o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para obter máis información sobre a actividade, premer na imaxe.

CASELÍN CONVÍDANOS A FACER IOGA

Se estás algo nervioso e inquieto, animámoste a facer unha sesión de ioga co noso amigo Caselín.

Só tes que premer na imaxe e verás que ben o ides pasar.

 

OS PRÉSTAMOS

No mes de novembro comezamos cos préstamos da biblioteca. Neste curso escolar, ademais de facer o préstamo coas familias, imos realizar un préstamo dende a aula.

Mirade que contentos marchan os nosos alumnos e alumnas para a casa cos contos, xa poden gozar da lectura en familia.

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Por fin inauguramos a biblioteca e os nosos alumnos e alumnas puideron reencontrarse con Caselín (a nosa mascota) e gozar da nova decoración da biblioteca.

 

Back to top