Plan Proxecta "Donas de sí"

Zanzíbar

 

Nas aulas de Esfarrapada de 4 B e C, durante o primeiro trimestre, fomentamos no noso alumnado a concienciación sobre a situación e a realidade da muller noutras culturas.

 

Esta fotografía empregada como motivación inical, abriu un debate no que os cativos e cativas, comentaron e realizaron todo tipo de preguntas para resolver as súas inquedanzas.

 

 A través dela coñecemos o proxecto "Panje". Este proxecto levado a cabo na illa africana de Zanzíbar, ten por obxectivo, ensinar a nadar ás mulleres sen comprometer as súas crenzas culturais e relixiosas.

 

Posteriormente realizamos unha exposición en cada unha das aulas, con algunhas das fotos más representativas deste proxecto e, falamos da súa autora: Anna Boyiazis.

 

Estas son as fotos incluídas na exposición:


 

NOVAS ACHEGAS Á NOSA INVESTIGACIÓN

SEGUEN CHEGANDO INFORMACIÓNS SOBRE AS HISTORIAS DE VALENTINA TERESHKOVA, MALALA YOUSAFZAI, MARIE CURIE E WANGARI MAATHAI.

SEMANA DAS MULLERES

O DÍA 11 DE FEBREIRO É O DÍA DAS MULLERES NA CIENCIA E ESTA SEMANA DEDICAMOS UN ESPAZO NA NOSA BILIOTECA ÁS MULLERES. ALGUNHAS CIENTÍFICAS, OUTRAS DESTACARON POR OUTRAS LABORES.

 

MULLERES RELEVANTES

NA AULA DE 5 ANOS B, AS NOSAS MESAS TEÑEN O NOME DE 4 MULLERES MOI RELEVANTES. CADA NENA E NENO INVESTIGOU NA CASA SOBRE UNHA DE ELAS E AMOSOU TODO O QUE APRENDEU AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS:

  • MARIE CURIE,

 

  • MALALA YOUSAFZAI,

  •   WANGARI MAATHAI E

 

  • VALENTINA TERESHKOVA.

 

TALLER ACROFAM

AS NENAS E OS NENOS DA AULA DE 5 ANOS B PARTICIPAMOS CON BAIA FERNÁNDEZ, DA PRIMEIRA SESIÓN DOS TALLERES DE ACROFAM. O OBXECTIVO DA MESMA FOI TRABALLAR A IGUALDADE POR MEDIO DA RISA.

TALLER ACROFAN

 

AS NENAS E OS NENOS DA AULA DE 5 ANOS B PARTICIPAMOS CON BAIA FERNÁNDEZ, DA PRIMEIRA SESIÓN DOS TALLERES DE ACROFAN. O OBXECTIVO DO MESMO FOI TRABALLAR A IGUALDADE POR MEDIO DA RISA.

TALLER ACROFAM

NA AULA DE 3C RECIBIMOS A ACROFAM PARA REALIZAR TALLERES SOBRE A IGUALDADE

Cartas de Nadal

Na aula de Picoña, con motivo da elaboración da nosa carta para os elfos, temos reflexionado sobre os xoguetes, os catálogos nos que esten aparecen, ... e froito das nosas conversas decidimos facer unhas recomendacións a Papá Noel, o Apalpador e aos Reis Magos.

 Esperamos que nos lean!

E se este Nadal...

Distribuir contido

Iniciar sesión