Plan Proxecta "Donas de sí"

As sementes de Wangari

Seguindo as ideas de Wangari Maathai que creou un cinturón verde en África, as nenas e os nenos de 5 anos B quixemos poñer o noso gran de area facendo unha pequena plantación na aula.

Para iso, decoramos e preparamos uns semilleiros, botamos terra, sementes, auga e moito amor e cariño, para que xerminen as nosas sementes. Vos iremos informando da evolución da nosa plantación.

 

 

Os nosos xoguetes

As nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.

MULLERES AO VOLANTE

NA AULA DE 3 ANOS A SUPERAMOS O CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL E CONSEGUIMOS UN PERMISO DE CIRCULACIÓN.

COÑECEMOS A CATALINA GARCÍA GONZÁLEZ, A PRIMEIRA ESPAÑOLA EN OBTER O PERMISO DE CIRCULACIÓN EN 1925.

MEDRANDO EN IGUALDADE

NA AULA DE 3 ANOS A TEMOS UN AGASALLO, UNHAS CHAPAS CO LEMA " MEDRANDO EN IGUALDADE".

ESTE ANO EMPEZAMOS A ESCOLA E XUNTOS TRATAREMOS DE CONSEGUIR UN FUTURO NO QUE POIDAMOS VIVIR EN IGUALDADE ENTRE XÉNEROS.

 

TALLER DE COCIÑA

HOXE ASISTIU Á AULA DE 3 ANOS A JOSE,O PAPÁ DUNHA ALUMNA, PARA AXUDARNOS A COCIÑAR E DEMOSTRAR QUE TANTO OS HOMES COMO AS MULLERES PODEMOS FACELO.

NESTE CASO FIXEMOS UN COCHE DE CARREIRAS CON FROITAS E COÑECEMOS A HISTORIA DE MARÍA TERESA DE FILIPPIS .A PRIMEIRA PILOTO ITALIANA DE FÓRMULA 1.

TAMÉN INVESTIGAMOS QUE OUTRAS MULLERES SON PILOTOS EN ESPAÑA E COÑECEMOS A CRISTINA GUTIÉRREZ.

 

 

TRABALLAMOS O NÚMERRO 4 (COMO AS RODAS QUE TEN O COCHE), MEDIOS DE TRANSPORTE, AS CORES  E ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A PARTICIPAMOS NUN CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL.

PRIMEIRO APRENDEMOS ALGUNHAS SINAIS E NORMAS DE CIRCULACIÓN E LOGO, GOZAMOS DUN PERCORRIDO EN BICICLETA OU PATINETE.

RECORDAMOS A LEOLA N. KING, PRIMEIRA AXENTE DE TRÁFICO FEMININA EN EE.UU E TAMÉN FALAMOS SOBRE JOANE SOMARRIBA, A MELLOR CICLISTA ESPAÑOLA.

 

NOVIDADES

CONTINUAMOS AMPLIANDO OS RECURSOS DA BIOBLIOTECA CON EXEMPLARES DONDE DESTACA O PAPEL DAS MULLERES GALEGAS.

PROXECTO DONAS DE SÍ

Seguindo a temática do proxecto`Donas de sí´elexido polo CRA Raíña Aragonta, se realizarán diferentes actividades relacionadas coa coeducación. Traballaranse actividades nas que se percatarán de que tanto nenos como nenas poden elixir calqueira xoguete de forma libre.

DISFRAZ DE WANGARI MAATHAI

O noso cole celebra todos os anos o Entroido facendo un desfile de disfraces por Salceda. Este ano, para destacar o importante papel que moitas mulleres tiveron ó longo da nosa historia, cada aula disfrazouse dunha destas mulleres. A aula de 3B, disfrazouse de Wangari Maathai.

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA: UNHA MEDALLA REIVINDICATIVA

O xoves 7 de marzo , tras unha asamblea na que falamos do día da muller traballadora (porqué é importante que as mulleres reivindiquemos os nosos dereitos, porqué é preciso dedicarlle un día no calendario…) e sobre que é unha folga (onde xurdiron ideas como: es un día para jugar en casa, ese día se va a la calle a gritar..) fixemos esta medalla reivindicativa.

Distribuir contido