Outubro 2023

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. POR ESTE MOTIVO, DURANTE ESA SEMANA O ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA FOI CONVIDADO Á BIBLIOTECA PARA COÑECER A NOVA PROTAGONISTA DESTE CURSO E A SÚA HISTORIA.

AQUÍ TEDES UN BREVE RESUMO DAS ACTIVIDADES.

PASÁMOLO XENIAL!

 

AraOnda, a radio do CRA

AraOnda, a radio do CRA quere comezar a funcionar pero, antes disto, cómpre que acheguemos este medio ás nenas e aos nenos. Presentámosvos un pequeno vídeo co que repasar qué é, para qué serve ou cómo se fai a radio. Agardamos que vos axude.

 

 
Por se vos sentides curiosos, vos deixamos estes transistores que vos levarán a coñecer algúns podcasts que poden seguro resultan do voso interese, premede neles e desfrutade dun ratiño divertido.
 
                                  
 
 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN

As historias de medo e de terror son ás veces fonte de diversión para os máis pequenos, por iso, dende a biblioteca fixemos unha gran selección de contos terroríficos para ler ao noso alumnado nestas datas tan especiais.

Animádevos e desfrutade destas lecturas.

 

CANTIGA DE ARA

 

Videoconto "Cierra los ojos"

Para conmemorar o día das escritoras escollemos o conto "Cierra los ojos" da autora Victoria Pérez Escriva e ilustrado por Claudia Ranucci. É un conto que nos anima a ver más alá do que os nosos ollos poden percibir.

Esperamos que o disfrutedes!Sorriso

 

Back to top