Decembro 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

O Nadal é un tempo máxico, cheo de emocións, recordos, encontros coa familia e os amigos. É hora de compartir e pasar tempo xuntos.

 

Por iso, dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta, queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras que vos axuden a atopar o agasallo perfecto para este Nadal e tamén gozar de grandes momentos de lectura en familia.

 

 

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!!!!

 

 

 

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

O Nadal é un tempo moi agardado polos máis pequenos: días de ilusión, desexos, maxia e agasallos.

 

Por iso, se queres descubrir a maxia do Nadal, convidámoste a ler algunhas das nosas recomendacións lectoras.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

ESTE ANO ARA É NOVA NO CENTRO, ELA COAS SÚAS ÁS TEN SUPERPODERES E QUEDAMOS ABRAIADOS COA SÚA HISTORIA.

O 3 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, POR ISO, DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA QUIXEMOS ELABORAR ENTRE TODAS AS AULAS UNHAS ÁS DE BOLBORETA COAS QUE PODER COMEZAR O VOO.

ESTE É O NOVO RECUNCHO ONDE PODEREMOS SACAR FOTOS E DESPRENDER AS NOSAS ÁS!!

 

TREBELLOS DE ARA - MALETA INVESTIGACIÓN

TIVEMOS A SORTE DE TER A ARA NAS NOSAS AULAS!

TROUXO UNHA SORPRESA!!

UNHA MALETA DE INVESTIGACIÓN SOBRE DIFERENTES TÉCNICAS EMPREGADAS NOS DEBUXOS ANIMADOS!!

GUSTOUNOS MOITO!!

 

Back to top