FRIDA KAHLO

Nas aulas de Esfarrapada de 4 anos B e 4 anos C, realizamos un proxecto de traballo baseado na artista mexicana Frida Kahlo. Esta pintora soubo abrir camiño ás mulleres donas seguras de si mesmas nun mundo dominado polos homes. Loitou pola igualdade.

Neste proxecto aprendemos que a través da arte podemos expresar as nosas emocións e sentimentos. As obras de Frida mostraban as súas dificultades,  a auto aceptación da dor e a pesares das dificultades atopadas, poder desfrutar da vida baixo o seus lemas: "Viva la vida!" e "Pies para que los quiero si tengo alas para volar".

Para motivar ao noso alumnado, fixemos unha exposición cunha representación fotográfica das súas obras, familia, parella... así como, obxectos que a definen e representan ao seu país.

Aprendemos o que é un autorretrato, vendo máis alá do aspecto físico, traballando, así o autococepto e a autoestima dos cativos e cativas:

Esta é unha mostra dalgunhas das actividades levadas a cabo:

 

Para finalizar, coa colaboración das familias, fixemos unha festa mexicana. Cada cativo e cativa decidiu de que personaxe quería vir caracterizado: Frida ou Diego Rivera.  Ámbalas dúas aulas desfrutamos dun momento de festa, baile e mesmo dun petisco típico mexicano: "guacamole" elaborado polos propios cativos e cativas acompañado con nachos.

 

 

 

Iniciar sesión