Xaneiro 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é LOLITA DÍAZ BALIÑO.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Deixamos un vídeo sobre a protagonista deste ano! Se queredes podedes enviarnos as vosas ilustracións dos vosos contos favoritos ao correo da biblio: bibliotecarainaaragonta@gmail.com As vosas ilustracións colgaranse na nosa páxina web para enchela de cor.

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

24 DE XANEIRO

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN 

Que é a educación/escola para os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta?

Aquí podedes ver e escoitar a súa respostaSorriso

RESPOSTA ADIVIÑA 4

E A RESPOSTA CORRECTA DA CUARTA ADIVIÑA É...

THE RIGHT ANSWER TO THE FOURTH RIDDLE IS...

VENRES DE ALUCINE (XANEIRO)

O día 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e da paz, unha data que veñen celebrando dende 1964 e que conmemora o falecemento de Mahatma Gandhi.

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha pequena selección de películas e curtametraxes que nos axudan a traballar estes valores, xa que unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

Para acceder as películas e curtametraxes premer na imaxe ou entrar na sección de “Venres de Alucine”, a través do apartado de novidades da nosa biblioteca.

Un saúdo.

 


Adiviña 4

Ola a todos/as! Caselín tráevos a primeira adiviña do 2021. De que película se trata?Sorriso

Hello everyone! Caselin brings the new riddle of 2021. What is the title of the film?Sorriso 

  

AVISO

REALIDADE AUMENTADA

¿Qué tal a volta das vacacións? Esperemos que collérades moita enerxía para seguir aprendendo novas ferramentas e recursos que poidamos empregar na aula e nas casas. 

Por tanto, nesta ocasión imos presentarvos un que é moi sinxelo de utilizar, a REALIDADE AUMENTADA ¿Coñecédela? ¿Non? Pois pinchade na imaxe para saber máis.

How does it feel to be back at school ? We hope you feel motivated to keep on learning about new tools and resources to use in the classroom and at home.

Therefore, this time we are going to introduce a tool very easy to use, AUGMENTED REALITY. Have you heard of it? Click on the image to learn more about it.

 

 

 

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ESTE MES, CONCRETAMENTE O 30 DE XANEIRO CONMEMÓRASE O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ E CASELÍN PROPONVOS REALIZAR UNHA VIAXE Á INDIA, QUE VOS AXUDARÁ ADEMAIS DE RELAXARVOS A NON ESQUECER A IMPORTANCIA DE VIVIR NUNHA CONTORNA DE PAZ.

PICA NA SEGUINTE IMAXE, MAHATMA GANDHI, E DESCOBRE QUEN É ESTA PERSOA!

THIS MONTH,  JANUARY 30TH  IS THE WORLD DAY FOR NON VIOLENCE AND PEACE, AND CASELÍN SUGGETS A TRIP TO INDIA. THIS WILL HELP YOU TO RELAX AND TO REMEMBER THE IMPORTANCE OF LIVING IN A PEACEFUL WORLD.

             CLICK ON THE IMAGE ,  MAHATMA GANDHI,  AND FIND WHO THAT PERSON IS.   

VOLTAMOSSSS

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS CON MÁIS GANAS QUE NUNCA!!!! AQUÍ TENDES ALGUNHA DAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA....PERO IREMOS SUBINDO MÁIS NO APARTADO DE NOVIDADES DESTE BLOG. ESTAMOS TRABALLANDO PARA CATALOGAR E ORGANIZAR TODOS OS NOVOS FONDOS E QUE ESTEAN DISPOÑIBLES O ANTES POSIBLE! 

 

Back to top