Xaneiro 2022

SESIÓN DE IOGA PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Practicar ioga na aula ten moitos beneficios para o noso alumnado, xa que a través desta disciplina canalizan a súa enerxía, melloran a concentración, toman conciencia do seu propio corpo, agudizan os seus sentidos, aumentan a súa autoestima e aprenden a percibir a súa paz interior.

 

 Animámosvos a realizar a seguinte sesión de ioga cos vosos alumnos/as, pasarédelo moi ben.

 

 PREMER NA IMAXE

TRABALLANDO COA MESA DE LUZ

 Estes días estivemos traballando na biblioteca coa mesa de luz, xa que é un recurso moi atractivo para os nenos e as nenas.

Ademais de ser atractivo, con este recurso conseguimos estimular a curiosidade do noso alumnado, potenciar a súa creatividade e mellorar a concentración.

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e, para celebralo, a nosa mascota Caselín viaxou ó parque da Paz de Hiroshima en Xapón, onde se alza un monumento dedicado a Sadako.

 

Se queredes coñecer a historia  xaponesa de “Sadako e as mil grúas de papel” só tedes que acceder ao seguinte recurso.

 

     

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Unha das formas máis sinxelas de explicar aos máis pequenos todo o relacionado coa paz e o respecto, é a través dos libros de literatura infantil.

Por iso, vos deixamos unha selección  á vosa disposición na biblioteca, ideal para empregar e ler o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, ou en calquera outro momento.

 

 Agardamos que vos sexa útil.

 

 

Pinchade na imaxe

VIDEOCONTO

Ola a todos e todas!!

 

 

Este mes, conmemorando o Día Internacional de Educación e o Día Escolar da Non

Violencia e da Paz, traemos un conto moi especial:

 

MONSTRUO AZUL

 

Queredes coñecelo? Estade moi atentos e esperamos que vos guste!!

 

 

 

VIDEOCONTO

Ola a todos e todas!! Boteivos moito de menos!!

 

Supoño que estades listos e listas para comezar o trimestre... polo que temos

preparado un conto xenial!! Queredes saber cal é?

 

Pinchade na imaxe e gozade moito do videoconto.

 

 

Biquiños de Caselín.

 

Back to top