Abril 2022

TEATRO DE SOMBRAS

O teatro de sombras é considerado un dos mellores recursos educativos que podemos traballar cos nenos e nenas na escola.

Algúns dos beneficios que podemos conseguir traballando esta actividade cos nenos/as son:

- Potenciar a creatividade.

- Desenvolvemento das habilidades plásticas.

- Traballo en equipo.

- Potenciar as súas calidades.

- Desenvolvemento da educación emocional.

 

 

CONTO VIAXEIRO "CASELÍN DÁ A VOLTA AO MUNDO"

Hoxe remata a Semana do libro e celebrámolo amosándovos o conto viaxeiro que fixemos en colaboración co alumnado  voluntario da biblioteca de 5ºA do CEP Altamira.

Queremos agradecer a este alumnado o excelente traballo realizado creando o conto e poñendo as súas voces na narración do mesmo.

Así mesmo, felicitar aos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta polas súas orixinais e fermosas ilustracións.

 

Grazas ao esforzo colectivo, conseguimos un conto marabilloso.

 

 

 

CUARTO BIBLIO RETO

CREACIÓN DE CONTOS

TERCEIRO BIBLIO RETO

SEGUNDO BIBLIO RETO

 

SEMANA DO LIBRO

Estes días estamos a celebrar a “Semana do Libro” e para conmemorar esta data  tan especial preparamos un reto cada día.

Velaquí tedes o primeiro reto.

 

Xa podedes comezar!!!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

Para festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta (5 anos B) elaboraron un vídeo onde nos propoñen unha serie de recomendacións lectoras.

Esperamos que vos gusten.

 

Back to top