Budiño

22ª PROPOSTA

Bos días nenos e nenas! Hoxe propóñovos diferentes xogos e actividades que seguro desfrutaredes moito.

Espero que vos gusten e non esquezades deixar os vosos comentarios ou enviar algunha fotiño.

Unha aperta!

NOVA PROPOSTA

Bos días familias. 

A continuación adxunto unha nova proposta de actividades

 

20ª PROPOSTA DE ACTIV. (12ª DO 3ª TRIM.)

REMATAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Esta semana tan especial, pouco a pouco, chega ao seu fin  pero... non vos preocupedes porque aquí vos achego novas propostas... Por certo, antes de despedirme vouvos plantexar unhas preguntiñas...  Sabedes que hoxe é o “Día da familia”?  Como vos vai con ese “Rap” que vos propuxen?  E, por último, visitastes hoxe a páxina principal?  Pois, a que estades esperando, agárdanvos moitas sorpresas!!!

FAMILIAS... MOI  BOA  FIN  DE  SEMANA !!!

 

Profe  SANDRA

19ª PROPOSTA DE ACTIV. (11ª DO 3ª TRIM.)

SEGUIMOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Tal e como vos adiantei a comezos desta semana, entre outras cousas, seguiremos achegándonos a Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano (17 de maio) ... pero a proposta non remata aí... Animádesvos a descubrir o que vos teño preparado? Pois abre ben os ollos, achega ben as orellas... que alá imos!!!

BICOS PARA TODOS E MOITA FELICIDADE !!!

 

Profe  SANDRA

18ª PROPOSTA DE ACTIV. (10ª DO 3ª TRIM.)

BENVIDAS/OS Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Si, familias, como pasa o tempo... Verdade? Non vos preocupedes, imos superalo!!!.

A pesares de que o propio día será o vindeiro 17 de maio, durante esta semana xa tratamos de achegarnos ó que imos celebrar nese día... En calquera caso, o que debemos facer, independentemente do día que sexa, é aportar o noso graniño de área para axudar a que a nosa lingua galega se manteña viva e, especialmente, tamén nos pequenos que serán o noso futuro.  Así pois, déixovos novas propostas de actividades para que desfrutedes aprendendo !!!. 

ÁNIMO E MOITA FELICIDADE !!!

 

Profe  SANDRA

17ª PROPOSTA DE ACTIV. (9ª DO 3ª TRIM.)

BOAS  FAMILIAS!!!

Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que sigades pasando un rato moi especial cos vosos peques, aprendendo na casa!!. 

Por certo, na páxina principal da web xa tedes á vosa disposición o “VÍDEO DOS MAIOS” feito coas fotos que mandastes cos vosos preciosos Maios en “corentena”. (O vídeo tarda un pouco en cargar... agardade un pouquiño... porque vale a pena esperar).

NORABOA A TODOS POR SEGUIR PARTICIPANDO NAS NOSAS PROPOSTAS E POR ESTAR AÍ COMO AUTÉNTICOS CAMPIÓNS!!!

MOI BOA FIN DE SEMANA !!!

 ÁNIMO, FORZA  E MOITA FELICIDADE!

 

Profe  SANDRA

16ª PROPOSTA DE ACTIV. (8ª DO 3ª TRIM.)

BENVIDAS AO MES DE MAIO FAMILIAS!!!

Co desexo de que todo vos vaia moi ben... aquí vos deixo as propostas de actividades para que levedes a cabo cos vosos peques, aprendendo na casa!!. Por favor, lédeas e imprimide as que precisedes.

Unha última cousa, publicaron últimas e importantes novas na páxina principal desta web: respecto das novas instruccións para a reserva de matrícula no Cra para o próximo curso ( https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/2080 ); e respecto dunha nova actividade para facer que tamén vola mandarei por abalar no día de hoxe (https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/2064 ) .

ÁNIMO E MOOOITA FELICIDADE !

 

Profe  SANDRA

15ª PROPOSTA DE ACTIV. (7ª DO 3ª TRIM.)

BOAS  FAMILIAS  DE  BUDIÑO !!!

Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato moi especial cos vosos peques, aprendendo na casa!!. Por favor, lédeas e imprimide só aquelas que gustedes. Por certo... como xa vos informei, lembrade que non volveremos publicar ata o próximo mércores 5 de maio.  

DESFRUTADE DO DÍA DAS MAMÁS !!!

MOI BOA FIN DE SEMANA !!!

FORZA, ÁNIMO E FELICIDADE !!!

 

Profe  SANDRA

14ª PROPOSTA DE ACTIV. (6ª DO 3ª TRIM.)

BOAS  FAMILIAS!!!

Que tal a fin de semana? Algunha novidade? Desfrutastes do primeiro “paseo” fóra da casa?...  Cantas preguntas me veñen á cabeza para saber máis de vós!!!  Pero  prefiro non pensar xa que o único que me repito, unha e outra vez, é que vos boto moitísimo de menos !!!

En fin, prefiro cambiar de tema... Pois ben, aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato entretido nas vosas casas.

MOITO ÁNIMO  E  MOITA FELICIDADE!

 

PROFE  SANDRA

13ª PROPOSTA DE ACTIV. (5ª DO 3ª TRIM.)

 

BOAS  FAMILIAS!!!

Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato moi especial cos vosos peques, aprendendo na casa !.  De todas maneiras, imaxino que os peques a estas alturas... xa estarán planificando o que pasará dende este domingo... Por fin poderán DAR UN PASEO E SAÍR DA CASA!!! Oxalá que veña bo tempo e poidan desfrutar deses máis que merecidísimos paseos.  SON UNS VERDADEIROS CAMPEÓNS!!!

MOI BOA FIN DE SEMANA !!!

 ÁNIMO, FORZA  E MOITA FELICIDADE!

 

Profe  SANDRA

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top