Budiño
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Posted Maio 25th, 2022 by profe15No mes de maio, entre outras cousas, celebramos por todo o alto o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicadas, concretamente, a o escritor e poeta galego: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN. Coñecemos os retazos máis importantes da súa vida e obra a través de diferentes materiais e recursos: un conto dos Bolechas; distintos xogos na PDI, etc. todo elo adicado ao homenaxeado neste día tan importante para Galicia. Dito isto, aquí vos deixo algunhas fotiños da nosa andaina...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
EN ABRIL... EXPERIENCIAS MIL !!!
Posted Maio 22nd, 2022 by profe15Moitas e moi variadas foron as experiencias que tivemos a oportunidade de experimentar ao longo deste mes. Dende ter o pracer de colaborar na elaboración dun Conto Viaxeiro titulado “CASELÍN DA A VOLTA AO MUNDO” (inventado e escrito polo alumnado voluntario da biblioteca do CEIP Altamira e ilustrado polos nenos do noso CRA); celebrar unha gran e colorida Festa Primaveral para rematar o 2º trimestre; etc. ata vivenciar unha emocionante e inesquencible Semana do Libro e que marcou a saída para dar comezo á Hora de ler, cita na que diariamente nos agarda unha máxica aventura entre as páxinas dos libros. Así pois, aquí vos deixo algunhas imaxes deste mes:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CELEBRAMOS OS ÚLTIMOS CUMPRES DOS SUPERVIAXEIROS/AS DE BUDIÑO!!!
Posted Maio 3rd, 2022 by profe15Ao longo deste curso tiven o inmenso pracer de poder acompañalos e celebrar con eles a chegada dun novo ano á vida dos pequerrechos desta aula. Evidentemente, tomando todas as medidas posibles para celebrar CON SENTIDIÑO eses momentos tan especiais. Agora ben, neste mes de marzo celebramos os dous últimos cumpreanos deste curso posto que, a partires de aquí, haberá que agardar a xullo polo seguinte cumpre e, evidentemente, xa quedará para o seguinte curso. Así pois, aproveitarei este momento para publicar fotos de todos os homenaxeados durante este curso. Axiña se van facendo maiores...
OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA TODAS E TODOS ELES!!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
UN ENTROIDO DIFERENTE PERO... MOI, MOI EUROVISIVO !!!
Posted Maio 3rd, 2022 by profe15Aproveitando o Proxecto de centro que estamos levando a cabo (“A volta ao Mundo”), a temática do Entroido que trasladamos ás aulas xirou ao redor do festival de Eurovisión. Así pois, despois de moito cavilar e cavilar, na nosa aula decidímonos por representar un tema moi “particular”. Convertémonos nunhas simpáticas abelliñas e levamos ao escenario a canción gañadora do festival EUROJUNIOR 2008, “BZZZ”, interpretado por BZIKEBI (Georgia). Logo de algún que outro ensaio, moitas risas, zumbidos, choques de ás e movementos de antenas... acabamos gravando o vídeo da nosa canción que, finalmente, formou parte do festival de Eurovisión do noso CRA, xunto coas aportacións das demais aulas, e que poidemos desfrutar no día grande do Entroido. A pesares de que non puidemos saír á rúa polas circunstancias covid, desfrutamos moito: coñecendo, cantando e bailando as propostas eurovisivas das demais aulas. Así mesmo, seguimos os mandadiños carnavaleiros de Caselín e, sobre todo, sobre todo, non escatimamos esforzos en pasalo moi, moi, pero que moi ben.
COMO NOS GUSTA O ENTROIDO... OS DESFRACES E... A FESTA RACHADA!!!
E... como proba disto... aquí vos deixo algunhas imaxes para o recordo:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
VOLTAMOS DAS VACACIÓNS: PILAS BEN CARGADAS, MOITAS E BONITAS SORPRESAS E A DISFRUTAR DO NOVO ANO QUE COMEZA!!!
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Despois de tanto días sen vernos, volvemos reencontrarnos no noso “fogar”... onde non pararon de conversar sobre todo o relacionado co Nadal; que fixeron nas vacacións; os lugares que visitaron; as novas amizades que fixeron; os agasallos de Papá Noel e as súas maxestades os Reis Magos... un senfín de ideas a comentar ... un empezar e non acabar... E Por se fora pouco, novas sorpresas lles agardaban pero... ¡CALMA! ¡PACIENCIA! ¡TEREMOS TEMPO PARA TODO! e, pase o que pase... ¡imos a levarnos moi ben e a defender a PAZ para vivir nun mundo mellor para todos!. Así pois, aquí vos deixo algunha imaxe para o recordo...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODOS !!!
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Nestas datas tan sinaladas e tan esperadas, especialmente, para os cativos... tamén experimentamos moitas experiencias cargadas, como non, de moitísimos intres moi emotivos. Agora ben, como “UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”... facémonos eco destas verbas:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DON OUTONO XA CHEGOU E MOITAS COUSAS NOS DEIXOU...
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Moitas e moi variadas son as lembranzas deste tempo que, xuntos, experimentamos: a recollida de elementos do outono; o "Castañazo-rock"; a degustación de castañas asadas; a saída á sede para asistir ao concerto das Maimiñas; a visita á biblioteca e ó noso amigo Caselín; a creación de mandalas; as "Paralimpiadas"; coñecemos a Desirée Vila; e unha morea de cousas máis... Non obstante, deixareivos só algunhas imaxes a modo de resumo...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ALÁ POLO SAMAÍN... MOITO MEDIÑO NA AULA VIVÍN:
Posted Xaneiro 28th, 2022 by profe15Os superheroes e superheroínas da aula de Budiño encántalles disfrazarse ao igual que a súa profe... por iso, por estas datas, desfrutan moito con todo o relacionado co Samaín e o que iso supón: decoracións terroríficas, contos de medo, personaxes que espertan temores... e, a pesares de todo isto, agardan polo Samaín como pola auga de maio... Así pois, aquí vos deixo unha imaxe que resume o noso terrorífico día inspirado na peli "Hotel Transilvania"
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO:
Posted Novembro 24th, 2021 by profe15Nun abrir e pechar de ollos... o tempo pasou voando, as vacacións chegaron a pouco e... xa estamos de volta inmersos nun novo curso! E como será? Non sei, non sei... só podo dicir que, TODOS XUNTOS: viaxaremos polo mundo; faremos grandes descubrimentos e... desfrutaremos de grandes momentos e de moitas sorpresas.
Ademais, como cada novo curso, recibiremos como se merece a nosa nova compañeira de 3 aniños e botaremos moito en falta, como non, as nosas “maiores” porque nos deixaron para seguir o seu camiño en Primaria. Os meus mellores desexos para todos e BENVIDOS!!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
33ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES e última do curso
Posted Xuño 17th, 2020 by profe15Ola a todos, peques e non tan peques...!!! Que tal estades SUPERHEROES/SUPERHEROÍNAS? Este pasado luns, por sorte, puiden comprobar que todos estabades moi ben e o moito que crecestes en tódolos sentidos...
CANTAS EMOCIÓNS CONTIDAS!!! CANTAS GANAS TIÑA DE MAREARVOS A BICOS E DE ABRAZARVOS COMO MERECEDES!!! E xa sei que vós tamén vos a min pero, aínda que nos doese na alma, tivemos que facélo así... tan raro e extraño... e con tanta distancia... FOI UNHA VERDADEIRA MÁGOA!!! CANTO O SINTO, ESPECIALMENTE, POLOS MEUS “MAIORES QUE XA SON UNS AUTÉNTICOS ¡¡¡ GRADUADOS!!! E OXALÁ QUE LLES VAIA MOI BEN NO SEU NOVO COLE... AGARDO AS VOSAS VISITAS... NON VOS LIBRAREDES TAN FÁCIL DE MIN...
“La educación es un acto de amor” expresaba Paulo Freire, educar require amar e desenvolver vínculos saudables cos nenos e nenas, por iso... oxalá nos volvamos reencontrar en condicións máis “normais” e que, polo menos, poidamos expresar “de verdade” o amor que compartimos, unha chea de bicos, sorrisos e todo o que veña....
Espero que vos guste o que hoxe vos traio para despedirme e... o máis importante... oxalá que desfrutedes do voso tempo EN FAMILIA!!!
UNHA GRAN APERTA E FELICES VACACIÓNS !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »