Responder ó comentario
CELEBRAMOS OS ÚLTIMOS CUMPRES DOS SUPERVIAXEIROS/AS DE BUDIÑO!!!
Posted Maio 3rd, 2022 by profe15 in
Ao longo deste curso tiven o inmenso pracer de poder acompañalos e celebrar con eles a chegada dun novo ano á vida dos pequerrechos desta aula. Evidentemente, tomando todas as medidas posibles para celebrar CON SENTIDIÑO eses momentos tan especiais. Agora ben, neste mes de marzo celebramos os dous últimos cumpreanos deste curso posto que, a partires de aquí, haberá que agardar a xullo polo seguinte cumpre e, evidentemente, xa quedará para o seguinte curso. Así pois, aproveitarei este momento para publicar fotos de todos os homenaxeados durante este curso. Axiña se van facendo maiores...
OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA TODAS E TODOS ELES!!!
PROFE SANDRA
- %count lecturas