Budiño

12ª PROPOSTA DE ACTIV. (4ª DO 3ª TRIM.)

BOAS DE NOVO!!!  

Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato super diver-educativo nas vosas casas. Espero que as desfrutedes moito!!!

APERTAS  PARA TODOS  E...  MOITA FELICIDADE !!!

 

PROFE   SANDRA

11ª PROPOSTA DE ACTIV. (3ª DO 3º TRIM.)

 

BO COMEZO DE SEMANA !!!

 

Que tal o fin de semana? Espero que, polo menos, polo menos... esteades fantasticamente ben!!!.  

 

Pois ben, aquí me tedes... cargada de novas propostas que vos irei transmitindo ao longo da semana e que me encantaría que levarades a cabo en familia.  Tede en conta que, como xa vos transmitín hai uns días, as comunicacións e/ou mensaxes que queirades deixarme levarémolo a cabo mediante “abalar móbil” e, se a alguén lle xorden dificultades, por favor facédemo saber.

 

Por certo... alguén sabe quen está hoxe de cumpre???  Algunha idea?  Queredes algunha pista como no cole?  ATENTOS:  É alguén que comeza cunha letra... consonante, concretamente, coa N... e vos preguntariades ¿é pequena?... NON... é maior pero agora xa é máis maior e cumpre 6 aniños...  quen será, será?... Especialmente para ela, e mentres non o podamos celebrar como se merece, aquí che deixo uns agasallos e espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial...

PARABÉNS  E  MOITAS  FELICIDADES  NOA!!!  

 

E  PARA TODOS... MOITA FORZA!! XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

 

 

 

PROFE SANDRA

 

 

 

 

10ª PROPOSTA DE ACTIV. (2ª DO 3ª TRIM.)

BOAS NOVAMENTE!!!

Aquí vos novas propostas de actividades para que pasedes un rato super diver-educativo nas vosas casas.

MOI BOA FIN DE SEMANA !!!

MOITO ÁNIMO E MOITA FELICIDADE!

 

PROFE   SANDRA

9ª PROPOSTA DE ACTIV. ( e a 1ª DO 3ª TRIM.)

 

BENVIDOS  DE NOVO  PEQUERRECHOS/AS  E  FAMILIAS  Á NOSA  CASA-ESCOLA  DO  3º TRIMESTRE!!!

Que tal de vacacións “caseiras”?  Como seguimos?  De seguro que levándoo co VERDADEIROS SUPERHEROES!!!  Porque... si... todo hai que dicilo, aínda que poidamos ter “momentos” de “baixón”, de seguro que o estades levando FENOMENAL!!!  Cantos bicos, apertas, sorrisos... boto de menos!!!

Sinto moitísimo que esta situación se alargue tanto... pero, de seguro, nos fará moito máis fortes e mellores en moitos sentidos...  Polo momento, descoñecemos moitos aspectos deste último trimestre (como remataremos o curso, cando...se voltaremos ou non ás aulas...). Non obstante, HOXE COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE e, aínda que non da maneira que me gustaría facelo, volverei a ofrecervos propostas para traballar cos peques. Coma sempre, é de vital importancia, que manteñades diariamente ás rutinas (tamén ás da escola: calendario, tempo atmosférico, ...), as especialidades que nos visitarían (luns-música;  martes-relixión/alternativa; mércores-inglés; venres- educación física e, só para algúns, Audición e Linguaxe). Por tanto, para non repetirme, esta é a última vez que o menciono neste curso... porque seguro que xa o sabedes.

MOITO ÁNIMO  e!MOITA  FELICIDADE!!!

 e, por suposto...  UN  MILLÓN  DE  BICOS !!!

 

PROFE SANDRA

 

8ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

HOXE COMEZAMOS AS VACACIÓNS !!!

Ola a todos, peques e non tan peques...!!!  Que tal estades SUPERHEROES? De seguro que botando de menos moitas cousas... pero, ARRIBA ESE ÁNIMO... XA FALTA MENOS E, XUNTOS, ÍMOLO CONSEGUIR...!!!

Como xa ven sendo costume, déixovos uns documentos con propostas de actividades para pasar un bo rato en familia pero... un momento...STOP

¿Sabedes que día é hoxe?... Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa (aínda que esta vez vai ser moi diferente... sen festa... sen chocolate... sen bicos... e sen apertas...). Por iso, dende aquí vos envío moitísimo ánimo e moitísima forza !!!  Oxalá que nos poidamos reencontrar moi pronto e que, polo menos, poidamos compartir moito amor e sorrisos. (Ata o martes, á volta das vacacións...)

UNHA GRAN APERTA   E   FELICES VACACIÓNS !!!

 

PROFE  SANDRA

7ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

SEGUIMOS NA CASA  E  XA FALTA MENOS !!!

Ola pequerrechos!!!   Que tal?  Como seguimos?  De seguro que levándoo co mellor dos vosos sorrisos, con ese que tanto boto en falta... co que me recibides cada día ao chegar ao cole.

En fin, aquí vos deixo as propostas para estes dous días da semana que espero que desfrutedes facendo...!!!. Ata o próximo venres...

UNHA GRAN APERTA   E  UN MILLÓN DE BICOS.

 

PROFE SANDRA

6ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

COMEZAMOS XA  A 3ª SEMANA E SEGUIMOS XUNTOS !!!

Bo comezo de semana a todos e todas e, en especial, a eses pequerrechos e pequerrechas polos que deberiamos aplaudir non só un día, senón todos, xa que son uns verdadeiros superheroes...!!!         O diploma polos primeiros 15 días téñeno... máis que gañado!!!

En calquera caso, aquí vos deixo as propostas para estes dous primeiros días da semana que oxalá desfrutedes facendo...!!!   (unha cousiña para que teñades en conta: lembrade que agora podedes deixar comentarios debaixo de cada publicación). Ata o próximo mércores...

 

PARABÉNS... SODES UNS CAMPIÓNS!!!

Unha gran aperta chea mooooito cariño.

 

PROFE  SANDRA

5ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

POR FIN   É   VENRES !!!

Chega a fin de semana e é un bo momento para mirar cara atrás e reflexionar na nosa semana... pensar nas cousas que nos fixeron rir, desfrutar, quererse, aprender... estou segura de que, aínda que esteamos na casa, cada día, cada semana... é diferente!!! (E lembrade ir apuntándoo nese diario que vos propuxen facer e que, cando isto pase, será moi gratificante: botar unha ollada ao que vivimos... e, despois de todo, aprender a quererse, a valorarse, a compartir...e a ser máis fortes).

Así pois, debemos aproveitar tamén estes momentos para coñecer, atender e escoitar ás nosas emoción para, na medida das nosas posibilidades..., tratar de “controlalas” (tarefa nada sinxela, inclusive para nós os adultos...). Ademais, por se alguén o descoñece, hoxe celébrase o DIA DO TEATRO...   Por que vos digo isto?  Veredes, o que vos propoño desta vez será un RETO ... e está moi relacionado con ambos aspectos (as emocións e o teatro). Atrevédesvos a levalo a cabo? Espero que desfrutedes moito coa proposta!!! Xa me contaredes...

ATENCIÓN:  Iso sí, antes de facélo... Lembrade que como é venres, visitaríanos o profe Daniel, por tanto, non esquezades pasarvos polo que vos deixou na web, no apartado da súa especialidade...   

E... alguén sabe que máis celebraríamos hoxe???  Diréivolo eu... ESCOITADE... hoxe a nosa “nova” compañeira e “youtuber”  Arianna está... de cumpreanos!!!,  sí, sí... xa é máis maior... e cumpre 6 aniños.. Así pois,  FELIZ  CUMPREANOS  ARI!!! (non te preocupes, á volta celebrarémolo como se merece!!!). Así e todo, aquí che deixo uns agasallose espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial...  Para todos,  BOA  FINDE!!! 

PROFE  SANDRA

 

 

 

4ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

BOAS FAMILIAS !!!

Dado que sei de boa tinta que estades repletos de imaxinación e non parades de facer cousiñas, como vos dixen, nesta publicación só vos vou deixar un documento adxunto en pdf, especialmente para os máis maiores da aula. En calquera caso, podedes votarlle todos un ollo e, segundo vos conveña, empregálo.

Unha gran aperta chea mooooito cariño.

PROFE  SANDRA

 

3ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

FELIZ  SEMANA  FAMILIAS !!!

Que tal estades?  Espero e desexo que todos esteades BEN... coidándovos moito e, por suposto, tomando as medidas de precaución que nos recomendan.    Como o noso inimigo segue solto, aínda seguimos en perigo e, por tanto, a corentena vaise alongar pero non baixedes o ánimo...  Quen ía pensar que poderíamos pecharnos na casa unha semana??? Non sei vos pero... eu, persoalmente, tiña as miñas dúbidas de conseguilo e puiden logralo.  Así pois, XA SOMOS UNS VERDADEIROS CAMPIÓNS... GAÑAMOS O RETO DA PRIMEIRA SEMANA!!! (A miña máis sinceira noraboa a todos e, en especial, aos peques da casa)  Se conseguimos seguir así... XUNTOS GAÑAREMOS A PARTIDA!!!   

Para axudarvos na vosa labor educativa que tan ben estades levando na casa, ó longo desta semana subireivos varias publicacións con propostas educativas para facer con eles. Unha vez  máis, lembrade ter en conta as recomendacións (horarios, rutinas...) que publiquei no 1º día (son a base diaria sobre a que deberedes organizar e/ou personalizar os diferentes momentos do día, segundo mellor vos veña) e, sobre esta, poderedes ir levando a cabo as actividades/experiencias... que vos propoño.     Por favor, antes de facelas cos nenos, lédeas con calma (para preparar o que vexades necesario, introducir modificacións/variacións... que se vos ocorran) e aproveitádeas ao máximo para que lle axuden aos nenos a desenvolverse en tódolos ámbitos: emocional, personal e interpersonal, lingüístico, motor, lóxico-matemático, creativo, de coñecemento do medio, etc.    Así mesmo, lembrade presentarllas de forma variada (alternando o tipo de activ.) e progresiva (de máis fácil a máis difícil, segundo o vaian “conseguindo”).

** Xa sabedes, debedes clicar debaixo deste texto, no debuxo do clip (= documentos adxuntos). 

Moitísimo cariño da miña parte a todos os meus peques...

a Profe Sandra

Distribuir contido

Back to top