11ª PROPOSTA DE ACTIV. (3ª DO 3º TRIM.)

 

BO COMEZO DE SEMANA !!!

 

Que tal o fin de semana? Espero que, polo menos, polo menos... esteades fantasticamente ben!!!.  

 

Pois ben, aquí me tedes... cargada de novas propostas que vos irei transmitindo ao longo da semana e que me encantaría que levarades a cabo en familia.  Tede en conta que, como xa vos transmitín hai uns días, as comunicacións e/ou mensaxes que queirades deixarme levarémolo a cabo mediante “abalar móbil” e, se a alguén lle xorden dificultades, por favor facédemo saber.

 

Por certo... alguén sabe quen está hoxe de cumpre???  Algunha idea?  Queredes algunha pista como no cole?  ATENTOS:  É alguén que comeza cunha letra... consonante, concretamente, coa N... e vos preguntariades ¿é pequena?... NON... é maior pero agora xa é máis maior e cumpre 6 aniños...  quen será, será?... Especialmente para ela, e mentres non o podamos celebrar como se merece, aquí che deixo uns agasallos e espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial...

PARABÉNS  E  MOITAS  FELICIDADES  NOA!!!  

 

E  PARA TODOS... MOITA FORZA!! XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

 

 

 

PROFE SANDRA

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
1 PROPOSTA DE ACTIV. 11ª . 3ª do 3º T..pdf793.15 KB
ADIVIÑAS sobre o MAR, 6ª.pdf427.06 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
3 + 16 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top