5ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

POR FIN   É   VENRES !!!

Chega a fin de semana e é un bo momento para mirar cara atrás e reflexionar na nosa semana... pensar nas cousas que nos fixeron rir, desfrutar, quererse, aprender... estou segura de que, aínda que esteamos na casa, cada día, cada semana... é diferente!!! (E lembrade ir apuntándoo nese diario que vos propuxen facer e que, cando isto pase, será moi gratificante: botar unha ollada ao que vivimos... e, despois de todo, aprender a quererse, a valorarse, a compartir...e a ser máis fortes).

Así pois, debemos aproveitar tamén estes momentos para coñecer, atender e escoitar ás nosas emoción para, na medida das nosas posibilidades..., tratar de “controlalas” (tarefa nada sinxela, inclusive para nós os adultos...). Ademais, por se alguén o descoñece, hoxe celébrase o DIA DO TEATRO...   Por que vos digo isto?  Veredes, o que vos propoño desta vez será un RETO ... e está moi relacionado con ambos aspectos (as emocións e o teatro). Atrevédesvos a levalo a cabo? Espero que desfrutedes moito coa proposta!!! Xa me contaredes...

ATENCIÓN:  Iso sí, antes de facélo... Lembrade que como é venres, visitaríanos o profe Daniel, por tanto, non esquezades pasarvos polo que vos deixou na web, no apartado da súa especialidade...   

E... alguén sabe que máis celebraríamos hoxe???  Diréivolo eu... ESCOITADE... hoxe a nosa “nova” compañeira e “youtuber”  Arianna está... de cumpreanos!!!,  sí, sí... xa é máis maior... e cumpre 6 aniños.. Así pois,  FELIZ  CUMPREANOS  ARI!!! (non te preocupes, á volta celebrarémolo como se merece!!!). Así e todo, aquí che deixo uns agasallose espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial...  Para todos,  BOA  FINDE!!! 

PROFE  SANDRA

 

 

 

AdxuntoTamaño
1 PROPOSTA DE ACTIVIDADES 5ª.pdf1.04 MB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
4 + 13 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top