9ª PROPOSTA DE ACTIV. ( e a 1ª DO 3ª TRIM.)

 

BENVIDOS  DE NOVO  PEQUERRECHOS/AS  E  FAMILIAS  Á NOSA  CASA-ESCOLA  DO  3º TRIMESTRE!!!

Que tal de vacacións “caseiras”?  Como seguimos?  De seguro que levándoo co VERDADEIROS SUPERHEROES!!!  Porque... si... todo hai que dicilo, aínda que poidamos ter “momentos” de “baixón”, de seguro que o estades levando FENOMENAL!!!  Cantos bicos, apertas, sorrisos... boto de menos!!!

Sinto moitísimo que esta situación se alargue tanto... pero, de seguro, nos fará moito máis fortes e mellores en moitos sentidos...  Polo momento, descoñecemos moitos aspectos deste último trimestre (como remataremos o curso, cando...se voltaremos ou non ás aulas...). Non obstante, HOXE COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE e, aínda que non da maneira que me gustaría facelo, volverei a ofrecervos propostas para traballar cos peques. Coma sempre, é de vital importancia, que manteñades diariamente ás rutinas (tamén ás da escola: calendario, tempo atmosférico, ...), as especialidades que nos visitarían (luns-música;  martes-relixión/alternativa; mércores-inglés; venres- educación física e, só para algúns, Audición e Linguaxe). Por tanto, para non repetirme, esta é a última vez que o menciono neste curso... porque seguro que xa o sabedes.

MOITO ÁNIMO  e!MOITA  FELICIDADE!!!

 e, por suposto...  UN  MILLÓN  DE  BICOS !!!

 

PROFE SANDRA

 

AdxuntoTamaño
1 PROPOSTA DE ACTIV. 9ª (1ª do 3º Trim.).pdf136.59 KB
ADIVIÑA SOBRE O MAR . BUDIÑO.pdf429.75 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top