3ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

FELIZ  SEMANA  FAMILIAS !!!

Que tal estades?  Espero e desexo que todos esteades BEN... coidándovos moito e, por suposto, tomando as medidas de precaución que nos recomendan.    Como o noso inimigo segue solto, aínda seguimos en perigo e, por tanto, a corentena vaise alongar pero non baixedes o ánimo...  Quen ía pensar que poderíamos pecharnos na casa unha semana??? Non sei vos pero... eu, persoalmente, tiña as miñas dúbidas de conseguilo e puiden logralo.  Así pois, XA SOMOS UNS VERDADEIROS CAMPIÓNS... GAÑAMOS O RETO DA PRIMEIRA SEMANA!!! (A miña máis sinceira noraboa a todos e, en especial, aos peques da casa)  Se conseguimos seguir así... XUNTOS GAÑAREMOS A PARTIDA!!!   

Para axudarvos na vosa labor educativa que tan ben estades levando na casa, ó longo desta semana subireivos varias publicacións con propostas educativas para facer con eles. Unha vez  máis, lembrade ter en conta as recomendacións (horarios, rutinas...) que publiquei no 1º día (son a base diaria sobre a que deberedes organizar e/ou personalizar os diferentes momentos do día, segundo mellor vos veña) e, sobre esta, poderedes ir levando a cabo as actividades/experiencias... que vos propoño.     Por favor, antes de facelas cos nenos, lédeas con calma (para preparar o que vexades necesario, introducir modificacións/variacións... que se vos ocorran) e aproveitádeas ao máximo para que lle axuden aos nenos a desenvolverse en tódolos ámbitos: emocional, personal e interpersonal, lingüístico, motor, lóxico-matemático, creativo, de coñecemento do medio, etc.    Así mesmo, lembrade presentarllas de forma variada (alternando o tipo de activ.) e progresiva (de máis fácil a máis difícil, segundo o vaian “conseguindo”).

** Xa sabedes, debedes clicar debaixo deste texto, no debuxo do clip (= documentos adxuntos). 

Moitísimo cariño da miña parte a todos os meus peques...

a Profe Sandra

AdxuntoTamaño
1 PROPOSTA DE ACTIVIDADES 3ª.pdf1.08 MB
2 PLANTILLA de MANDALAS.pdf2.42 MB
3 PLANTILLA RECEITA.pdf365.34 KB

Back to top