A NOSA PRIMEIRA ALFOMBRA FLORAL!!!

Para celebrar “OS MAIOS” decidimos elaborar algo que aínda nunca probaramos. Para elo, unha vez feitas as peticións oportunas ás familias para que nos facilitaran os materiais que íamos necesitar nesta nova experiencia... chegado o día, todas colaboraron de xeito sen igual. Gracias a elas e aos materiais diversos que nos trouxeron (flores de todo tipo, elementos da natureza, etc.) metémonos de cheo nesta nova aventura que nunca antes fixeramos. Isto por aquí, isto por alí, aquilo por aquí e aquilo por alí... e veña..., entre todo o equipo, logramos facer unha fermosísima alfombra floral no noso patio cuberto.  Nunca antes o viramos tan cheo de color!!! Pois ben, se xa o pasamos xenial facéndoa... despois, aínda que nos resistimos moito para desfacela (porque nos daba moita pena), non había quen nos parara...

COMO  DEIXAMOS  O  PATIO !!!     LEMBRÁDESVOS ???

                                                                       

 

                                                                                                                PROFE   SANDRA

 

 

 

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 11 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top