Educación musical

MÚSICA NA CASA. Sinfonía inconclusa no mar

Bo día!!!!!!! Hoxe traemos a Sinfonía inconclusa no mar. Fixádevos cantos peixiños e animais mariños aparecen tocando os seus instrumentos. Cantos instrumentos coñeces??? Disfrutade da canción e animádevos a realizar a proposta de ximnasia musical que nos trae hoxe Felisa.

Unha aperta!!

Recordade enviar as vosas actividades, fotos, vídeos, comentarios, suxerencias ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

MÚSICA NA CASA. A orquestra dos peixes

Bo día e bo comezo de semana!!

Hoxe Felisa está moi contenta porque é o día mundial dos océanos! Xa sabedes que a ela lle gusta moito, moito o mar xa que é un elemento moi importante que representa o principal pulmón do planeta e onde viven millóns de especies diferentes. Por iso temos que coidalo moito! 

Para celebralo, Felisa tráenos unha canción moi peculiar, titulada En el fondo del mar, onde os peixiños tocan e bailan ao ritmo da música. 

Disfrutade da canción e axudádevos da guía que vos propoñemos para a súa escoita.

 

 

Non vos esquecer de enviar as vosas actividades, fotos, videos, opinións, suxerencias....ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

 

MÚSICA NA CASA. Historia mariña de Rui e as baleas

 

Rematamos a semana con esta maravilla de María Fumaça, Rui e as baleas. Esta canción serve para relaxarnos e reflexionar. Delietádevos coas imaxes e a música que se nos presenta. Se queredes tendes unha guía para a súa escoita.  A animación é de Carlos Lago (O Terser Home) para Con de tres pés, sobre unha idea de Carlos Blanco e o tema do mesmo nome de Ruí Sío e Magín Blanco recollido no albúm "María Fumaça", incluído na coleción Sonárbore, Editorial Galaxia, 2011.

Boa finde!! Unha aperta moi grande da profe Soraya e Felisa.

 

Non vos esquecer de enviar as vosas fotos, comentarios, suxerencias, vídeos, etc. ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

 

MÚSICA NA CASA. Canción do Surf

Bo día!!

Sabíades que a Felisa encántalle surfear?  Hoxe traémosvos unha canción que nos axudará relaxarnos nun ambiente mariño! A canción do Surf. Seguide os pasos que nos marcan as protagonistas e disfrutade!

 

Tendes unha pequena ficha para guiar a escoita da canción.

 

 

Enviade as vosas actividades, fotos, videos, comentarios, suxerencias, etc. ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com Felisa e a profe Soraya estarán encantadas de ver os vosos traballos.

MÚSICA NA CASA. Os sons do mar

Bo díaaaa! Comezamos a semana e o mes de xuño cun xogo de discriminación auditiva sobre o MAR que fixemos Felisa e a profe Soraya. A ver, a ver... Cantos sons poderedes adiviñar? Prestade moita atención e abride as orellas!!!

Unha aperta moi grande!

 

Non vos esquecer de enviarnos as vosas fotos, comentarios, suxerencias, vídeos.....das vosas actividades musicais ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

MÚSICA NA CASA. O mar meu lar

Rematamos a semana! recordando o necesario que é coidar o noso mar. Para isto, presentamos unha canción titulada Meu lar  composta por Xosé Manuel Budiño un dos  gaiteiros referentes da cultura galega. Nesta ocasión a música préstase como protesta, como denuncia, como apoio a unha boa causa. Deixámovos unha pequena guía para reflexionar. Seguro que sairán moitas preguntas que contestar....

 

 

 

BOA FINDE!!!

 

Lembrade enviar fotos, vídeos, actividades, opinións, suxerencias....ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com estaremos encantadas de ver os vosos traballos.

MÚSICA NA CASA. Artistas

E....séguennos chegando os vosos mares e os vosos peixes cantantes. Debussy, Ravel e Miró inspiráronvos moito! Ollade que fermosas as vosas obras de arte!!!! Noraboa nenas e nenos!!!

 

MÚSICA NA CASA. Artistas

Mirade que chulada de instrumentos fixo Antía de 4C. Menuda marabilla de maracas e guitarra!!! Moi moi concienciada co medio ambiente utilizou materiais de refugallo e reciclounos. Á profe Soraya e a Felisa encántannos!!!!

MÚSICA NA CASA. Mariñeiriño da mar-e e o Rock Bravú

Boas nenas e nenos!! Aquí traemos unha canción titulada Nordés do grupo de Rock Bravú máis famoso os Diplomáticos de Montealto xunto con Mercedes Peón

Seguide as instrucións do vídeo e disfrutade da percusión corporal. 

Non vos esquecer de enviarnos os vosos vídeos, fotos, actividades.... ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

MÚSICA NA CASA. Artistas

Moitos parabéns a Daniel de 5B pola súa fabulosa clave de Sol!!! Quedou chulísima!!! Menudo artistazoooo!!  Á Felisa e á profe Soraya encántalle!

Distribuir contido

Back to top