Educación musical

AVENTURAS PIRATAS

Ola familias!!!! Recibimos unha nova mensaxe nunha botella:

 

 

Parece ser que o pirata Metepata segue dándonos pistas para poder atopar a Felisa......

Comezamos cun xogo para aprender as partes do barco. Coidado co tiburón!!!!!!

 

E ademais diso.....aprendemos a súa canción!!!!!

 

 

 

Felisa, onde estás???

Ola!!! Volvemos das vacacións con máis forza que nunca......pero non con boas noticias!!!!! ChoraTristeFelisa foi capturada polos piratas nunha das súas viaxes!!!! 

Conseguiremos rescatala??? Moito ollo co pirata Metepata e coas probas que nos enviará para poder salvar a Felisa! Estade moi atentxs.

 

 

No cole apareceu un cofre e uns pergaminos vellos cun mapa.....firmados polo pirata Metepata........e......como faremos para salvar a Felisa??? Pois converténdonos en auténticxs piratas. Arrrrrrrrrrr 

Para isto debemos aprender a cantar as cancións dos mariñeiros, tamén chamadas salomas ou sea shanties. Os piratas/mariñeiros as utilizaban para realizar os duros traballos do mar e tamén para entreterse que, estar rodeado de mar tantos días é un aburrimento!! 

Déixovos a primeira das cancións que debemos aprender a bailar:

NADAL EN...

OLA OLA!! FELISA DEIXOUNOS UN AGASALLO XIGANTE QUE NOS ENVIOU DENDE NOVA ZELANDA!!! PRONTO PODEREMOS XOGAR E TOCAR CON EL.

PERO.....POR ONDE ESTARÁ  A INVESTIGAR FELISA???

ESTA SEMANA ESTÁ EN SUECIA PARA COÑECER ALGUNHAS DAS SÚAS COSTUMES E PANXOLIÑAS!

AQUÍ TENDES UN ADIANTO!

Para aprender a panxoliña: Raven raskar over isen (O raposo corre polo xeo), adaptámola ao galego!

O raposo corre polo xeo, 

O raposo corre polo xeo,

A cantar! A cantar!

A canción do gatiño.

O gatiño fai así,

o gatiño fai así.

A cantar! A cantar!

A canción do Nadal.

 

NADAL EN...

ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL FELISA VAINOS FACER UNHA VIAXE ESPECTACULAR PARA DESCUBRIR COMO SE CELEBRA O NADAL NOUTRAS PARTES DO MUNDO. APÚNTASTE??

 

 

COMO SERÁ CELEBRAR O NADAL EN BIKINI?????

MIRADE QUE MÚSICAS E QUE DANZAS NOS TRAE FELISA DENDE ESTE PAÍS. IMOS A APRENDER UNHA PANXOLIÑA TÍPICA DE NOVA ZELANDA. ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS

 

 

HOXE VIAXAMOS A....

EN QUE PAÍS ESTARÁ FELISA ESTA SEMANA?????? AQUÍ VAN UNHAS PISTAS.......QUE SORPRESA NOS TERÁ PREPARADA?

 

CASTAÑAZO ROCK

Achégase a mellor festa do Outono!!!!! Comeza o Magosto!!!! Imos celebralo cun super festival "O Castañazo Rock"

Queredes aprender o noso primeiro hit????? Aquí tendes o karaoke para cantala en familia!!

HOXE VIAXAMOS A....

Bo día familias!!! Hoxe Felisa viaxa ao país veciño! Que sorpresas nos traerá????

 

 

HOXE VIAXAMOS....

 

Felisa viu de visita pola nosa terra........ Que sorpresas nos traerá????

 

 

Ollade cantas cousas imos a aprender!!!!

 

 

HOXE VIAXAMOSSSS....

Xa nos chegou a última postal de Felisa....andaba por Dinamarca!!! En que país estará esta semana? Fixádevos!

Mirade que sopresa máis chulas nos trae!

 

HOXE VIAXAMOS....

Bo día familias!!! Despois de moito buscar e resolver as pistas....... descubrimos en que país estaba Felisa!!!!!!!

 

Pois si, fumos ata Dinamarca! Felisa envióunos unha postal con moitas fotos e un regaliño...... A danza dos sete saltos. Se pinchades na imaxe da danza podedes acceder a ela en  Youtube e pasalo xenial aprendéndoa.

 

Distribuir contido

Back to top