Complementarias

SAMAÍN

Xa chegou Samaín!!!!!! E realizaremos unha viaxe terrorífica a Transilvania!!! Ides tremer de medoooooooo

Acceso á Sede do CRA para a actividade complementaria das Maimiñas (21/22-001)

No arquivo adxunto achegámosvos cal é a ruta que debedes seguir para a entrega e recollida das/os vosas/os fillas/os na Sede do CRA para a actividade das Maimiñas.

Pinchar aquí para ver o arquivo.

 

Tamén o incluímos aquí debaixo como imaxe:

Saúdos.

De viaxe a... os Países Baixos!

Familias, 

de novo facemos as maletas para coller o noso avión privado e dirixirnos a un país do norte de Europa cheo de bonitos paisaxes e lugar de nacemento de extraordinarios pintores. Trátase de Holanda, ou mellor, dos Países Baixos.

Esperamos que con esta guía de viaxe vos entren moitas ganas de ir a coñecer este fermoso país.

 

De viaxe a... Rusia!

Viaxeiros e viaxeiras,

Estades preparados? Esperamos que teñades listas as vosas maletas e que non esquecerades as vosas chaquetas porque hoxe imos coñecer un país que se sitúa ao norte, un país enorme e cheo de cousiñas moi interesantes. Trátase de Rusia.

Coma sempre, vos deixamos unha serie de documentos con enlaces para que paseedes polas súas rúas e monumentos, propostas gastronómicas, manualidades, …

Esperamos que esta nova viaxe sexa do voso agrado,

Vémonos pronto!

9 de maio, o día de EUROPA!

Mañá, 9 de maio, festexamos o día de Europa. O propósito desta comemoración é recordar que pertencemos a un grupo, a unha Unión de países veciños e amigos e que, a pesar de seren diferentes, todos eles son quen de convivir e relacionarse en paz aprendendo das diferencias e gozando das mesmas. O mesmiño que facemos no cole!

Para tomar parte desta “festa” vos queremos propoñer unha serie de actividades:

Os símbolos da unión. A Unión Europea está representada por unha canción e un debuxo, o seu himno e a súa bandeira.

  • O himno da Unión é unha canción que se chama “O canto á ledicia” unha melodía da Novena Sinfonía de Beethoven, un músico alemán dos máis importantes da historia. Este canto representa os valores da unión: paz, liberdade e solidaridade. Podedes escoitar o himno no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=nhBKMJsCbUM

 

  • A bandeira é o outro elemento de identidade. Está formada por 12 estrelas amarelas dispostas sobre un fondo de cor azul. As estrelas representan a unidade, a harmonía e a solidaridade entre pobos e persoas. Como documento adxunto atoparedes un debuxo para colorear da bandeira.

Os países que a conforman. Na actualidade, Europa está formada por 27 países. Para coñecelos e aprender os seus nomes podedes xogar con este recurso https://europa.eu/learning-corner/eu-puzzle_es (é moi complexo para que os peques xoguen soliños pero sempre ven ben repasar un pouco de xeografía… Premendo en axuda, vos indica o nome do país).  Tamén podedes coñecer as bandeiras dos países membros premendo no seguinte enlace https://europa.eu/learning-corner/match-the-flags_es.

O nome de Europa. A unión de países toma o nome de Europa, un personaxe da mitoloxía grega. Europa era unha chica que nun día no que se divertía coas súas amigas foi observada por Zeus, que se namorou dela. Este transformouse nun touro moi manso que se achegou a moza. Ela, vendo que era moi mansiño, xogou con él, púxolle unha coroa de flores no pescozo e atreveuse a subir ao seu lombo. Seguro que tedes pasado moitas veces pola estatua que representa este feito situada na contorna da Praia de Samil, en Vigo, ao final da denominada avenida de Europa. Tedes, tamén, como documento adxunto, un debuxo de Europa subida a lombos de Zeus que podedes colorear ou aproveitando un paseo, coller unhas flores e decorar o pescozo do touro. 

As características da Unión. Comprender algunhas ideas respecto de Europa, como o feito de ter unha moeda ou institucións común poden ser complexas para o noso alumnado. Vos adxuntamos un comecocos para imprimir, montar e ir descubrindo algunhas curiosidades sobre a unión dunha forma máis divertida. Tamén tedes un xogo, Os agasallos da avoa, no que coñecer algunhas curiosidades dos países da Unión a través de “souvenirs”, está dispoñible no enlace https://europa.eu/learning-corner/guess-the-gifts-with-grandma_es.

  

Por último, vos propoñemos unha viaxe a través dos países da Unión desta vez por medio de contos. O documento que os contén o atoparedes tamén como documento adxunto a esta entrada. Así poderedes desfrutar de contos tradicionais de cada un dos países.

Esperamos que vos gusten as propostas e que teñades un bo día de Europa!

 

De viaxe a... Paris!

Bo día!

O equipo de actividades complementarias vos propón unha nova viaxe. Desta vez, desprazarémonos a Francia para coñecer unha cidade ben fermosa: París!

Preparade as vosas maletas e a desfrutar dun novo percorrido sen saír da casa. Vos deixamos, tamén, un imprimible de monumentos e edificios de París que podedes imprimir para recrear a cidade na vosa casa.

Vémonos pronto cunha nova aventura!

Nova viaxe: Italia!

 

Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares queremos propoñer unha nova viaxe dende os vosos fogares. Esperamos que vos gustara a ruta por España que vos propuxemos antes da Semana Santa. Agora, presentamos unha nova viaxe, un paseo por un país moi próximo a nós nestes momentos como é Italia.

Collede as vosas maletas, preparade a vosa imaxinación e a viaxar!

 

Actividades extraescolares dende casa

As mestras e mestre que formamos o equipo de actividades complementarias e extraescolares levamos días pensando en cómo desenvolver as funcións que se nos supoñen tendo en conta estas extraordinarias circunstancias. As saídas, as excursións, as visitas, … que planificaramos e organizaramos coa ilusión de compartir co noso alumnado quedan paralazidas ou cando menos adiadas. Por isto e, despois de moito cavilar, cremos ter atopado unha solución:

Por responsabilidade, todos e todas debemos estar nas nosas casas pero isto non é motivo para deixar de viaxar. Viaxar significa descubrir novos lugares, coñecer novas culturas e costumes e tomar parte das mesmas. Viaxar significa deixarse “empapar” do que nos rodea e adaptarse a ese novo lugar polo que queremos propoñervos unha serie de viaxes virtuais para que coñezades lugares próximos e afastados, cotiáns e extraordinarios que esperamos vos gusten.

Xa que estamos a piques de comezar as vacacións de Semana Santa e queremos convidarvos a dar un paseíño por España. Aquí tedes unha serie de enlaces cos que pasear por diferentes cidades, cociñar pratos típicos, coñecer tradicións e bailes rexionais, … Animádevos!

 

ENTROIDO 2020

CHEGOU O NOSO QUERIDÍSIMO ENTROIDO

 

Distribuir contido

Back to top