Responder ó comentario

Actividades extraescolares dende casa

As mestras e mestre que formamos o equipo de actividades complementarias e extraescolares levamos días pensando en cómo desenvolver as funcións que se nos supoñen tendo en conta estas extraordinarias circunstancias. As saídas, as excursións, as visitas, … que planificaramos e organizaramos coa ilusión de compartir co noso alumnado quedan paralazidas ou cando menos adiadas. Por isto e, despois de moito cavilar, cremos ter atopado unha solución:

Por responsabilidade, todos e todas debemos estar nas nosas casas pero isto non é motivo para deixar de viaxar. Viaxar significa descubrir novos lugares, coñecer novas culturas e costumes e tomar parte das mesmas. Viaxar significa deixarse “empapar” do que nos rodea e adaptarse a ese novo lugar polo que queremos propoñervos unha serie de viaxes virtuais para que coñezades lugares próximos e afastados, cotiáns e extraordinarios que esperamos vos gusten.

Xa que estamos a piques de comezar as vacacións de Semana Santa e queremos convidarvos a dar un paseíño por España. Aquí tedes unha serie de enlaces cos que pasear por diferentes cidades, cociñar pratos típicos, coñecer tradicións e bailes rexionais, … Animádevos!

 

AdxuntoTamaño
España.pdf277.15 KB

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
9 + 1 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top