Responder ó comentario
Magnífica mañá de experimentos
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12
Hoxe visitounos Iria, a mamá de Xana.
Fíxonos pasar unha mañá de 10!! Cando vides ao cole todas sodes a mamá de... o papá de... pero non podemos olvidar que sodes moito máis que iso. Iria na súa vida profesional é química e ofreceuse a vir a ensinarnos e descubrinos varios experimentos! Contábamos con 4 pero ao final con tanto cariño e esmero conseguiu realizar seis!! E non só con nos, senon que a súa bondade chegou tamén a clase dos compis de 4B.
A traves do xogo levamos con nos alguns aprendizaxes entre os que destaco a importancia de lavar as nosas mans, sobre todo despois de usar colorante jeje.
Non vos conto mais... que sexan os peques os que vos narren esta magnifica experiencia!!
Iria, gracias mil por todo!!
- %count lecturas