Pedagoxía terapéutica

SERIACIÓNS

Bos días:

Hoxe imos rematar esta semana con unha proposta para xogar e traballar á vez. Elaboraremos con material de refugallo que teñamos na casa uns materiais para traballar as cores, a imitación e o seguimento de series.

Tedes os exemplos nesta imaxe.

Bicos

Profe Lore

UNIR PUNTOS

Bos días:

A proposta de hoxe é algo moi sinxelo, rematar os debuxos propostos unindo os puntos dende o 1 ata o...

Hai tres modelos de diferente dificultade. Que o disfrutedes e repasedes os números!!

Bicos

Profe Lore

ASOCIACIÓN DE IMAXES IGUAIS

Bos días!!!

Imos seguir traballando a atención e a concentración como base para calquera aprendizaxe, hoxe mediante un xogo de unir imaxes iguais.

A ver se cada vez que xoguedes, podedes mellorar o voso tempo.

Ánimo.

Profe Lore

XOGO

SIMETRÍAS

Bos días:

Xa é venres, rematamos outra semana.

A proposta de hoxe é para traballar a atención e as simetrías, que é a correspondencia de tamaño, forma e posición das partes dun todo.

Para isto tedes que debuxar a outra metade das caras dos animais que están no adxunto. 

Ánimo e que teñades unha boa fin de semana.

Profe Lore

XOGAMOS COAS FORMAS XEOMÉTRICAS

Bos días:

Hoxe tráiovos un xogo manipulativo para traballar as formas xeométricas básicas e a posición no espazo. Coas formas que aparecen no adxunto, debedes copiar as posioóns que aparecen nas seguientes páxinas, tendo en conta cal está enriba, debaixo, a carón.

Parece un xogo moi sinxelo pero.....olliño que hai que estar moi atento.

Saúdos

Profe Lore

IGUAL-DIFERENTE

Bos días:

Hoxe tráiovos un xogo en liña para traballar os conceptos básicos de igual e diferente. O xogo consiste en clicar enriba do debuxo que é diferente. Pinchade no enlace e na páxina do xogo, na parte superior dereita a iniciar presentación, e comezade a xogar.

Espero que vos guste a proposta de hoxe.

Lémbrovos que se vos queredes poñer en contacto comigo, facédeo a través do correo electrónico a loreptfergo@gmail.com


Saúdos

Profe Lore

XOGO

SUDOKU

Bos días:

A miña porosta de hoxe é un pasatempos moi coñecido, os Sudokus. Normalmente son con números, pero tamén hai adaptacións para nenos e nenas como a que vos deixo no adxunto.

Como xa sabedes trátase de completar as cuadriculas sen repetir a imaxe ou a cor, nin no cadraddo, nin nas liñas horizontais ou verticais.

Que o disfrutedes xogando xuntos.

Feliz día da familia!!!!

Se vos gusta este pasatempo, premendo aqui tedes Sudokus para nenos/as cos números ata o 4 para facer en liña.

SEGUIMOS XOGANDO

Bos días:

Hoxe a miña proposta é traballar diferentes conceptos de maneira divertida e lúdica. Para iso déixovos o enlace a unha páxina web na que poderedes seleccionar o que queirades traballar e tedes multitude de xogos en liña para aprender xogando.

Navegade, investigade e trasteade pola web, que vale a pena.

Bicos

Profe Lore

Enlace

COMPRENSIÓN ORAL

Bos días:

Comezamos unha nova semana con unha proposta para traballar a comprensión oral, as formas xeométricas básicas e as posicións no espazo. Todo nun xogo moi sinxelo!!!

No adxunto tedes unhas imaxes de diferentes formas e posicións e na segunda páxina unhas tarxetas con pequenas frases. Non fai falla que o imprimades, o xogo consiste en que lle vaiades lendo ao neno/a as tarxetas e que el/ela sinale a que debuxo corresponde. A ver cantas acerta!!!

Recordarvos que se tedes algunha dúbida, ou considerades interesante traballar algo máis específico podedes consultarme por medio do correo electrónico a loreptfergo@gmail.com

Un saúdo

A profe Lore

SEGUIMOS TRABALLANDO

Bos días:

Na proposta de hoxe, seguimos traballando a atención e a agudeza visual, como destrezas básicas para futuros aprendizaxes (como a lectura e a esritura).

Moito ánimo, que xa queda menos.

Profe Lore

Distribuir contido

Back to top