Pedagoxía terapéutica
BOLSAS SENSORIAIS
Posted Maio 6th, 2020 by profe8Bos días:
Hoxe propoñovos realizar unha manualidade, coa que despois poderemos xogar, tocar, relaxarnos... unha bolsa sensorial.
Cunha bolsa de conxelar, xel fixador e calquera cousa que poidamos ter pola casa, podemos realizala.
Neste enlace tedes os pasos a seguir para facela.
Se tedes algunha dúbida, queredes enviarme os traballos, consultarme sobre material ou propostas, escribídeme un correo a loreptfergo@gmail.com
Un saúdo
Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
TANGRAM
Posted Abril 29th, 2020 by profeBos días:
O Tangram é un xogo moi antigo de orixe chinés, que consiste en formar diferentes siluetas coas sete pezas que compoñen o xogo. Os chineses chámanlle "táboa da sabedoría ou da sagacidade" que é o que se necesita para xogar con el.
Ánímovos a construilo e a facer os diferentes animais que están no documento adxunto.
Saúdos.
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
BUSCAMOS...
Posted Abril 27th, 2020 by profeBos días:
Comezamos unha nova semana, e hoxe imos traballar a agudeza visual. Para iso imos buscar, con moita concentración o que se nos pide nestas fichas.
A ver se o atopades todo. Ánimo
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGO DE ATENCIÓN
Posted Abril 22nd, 2020 by profeBos días de novo:
Cómo estades???
Hoxe traio para vós un xogo para traballar a atención, a discriminación visual e o vocabulario. Tedes que atopar no taboleiro as imaxes da tarxeta que vos toque.
Se non o queredes imprimir tamén podedes xogar dende o ordenador, mirando o taboleiro e dicindo cada xogador o obxecto que ten que buscar ó outro.
Espero que esteades ben e xa queda un día menos.
Ánimo
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
UNIMOS PUNTOS
Posted Abril 20th, 2020 by profeBos días:
Hoxe imos traballar un pouco o trazo, a motricidade e a grafomotricidade mediante uns debuxos para repasar por riba dos puntos, primeiro cun lápis e despois con rotulador.
Neste enlace tedes máis modelos de debuxos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGAMOS AO FUTBOLÍN
Posted Abril 17th, 2020 by profeBos días:
Neste tempo de confinamento na casa, é lóxico que os nenos e nenas xa non saiban o que facer para manterse entretidos. Por eso hoxe quero propoñervos que creedes xuntos un xogo novo, un futbolín.
Ademáis de pasalo ben construíndoo, despois podedes xogar con el canto queirades.
É unha manualidade moi sinxela, con materiais que temos todos na casa.
Moito ánimo, xa queda un día menos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CREAMOS UN QUEBRACABEZAS
Posted Abril 15th, 2020 by profeBos días:
Xa estamos de volta da Semana Santa, aínda que foron unhas vacacións confinados, agardo que o pasarades o mellor posible, nestas circunstancias.
Hoxe propóñovos crear un quebracabezas, tedes que colorealo como máis vos guste, recortalo e montalo e desmontalo tódalas veces que queirades.
Os quebracabezas son xogos que melloran a memoria visual, desenvolven a concentración e a psicomotricidade, fomentan a relaxación e ademáis é unha actividade ideal para facer en familia.
Disfrutádeo!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PAPIROFLEXIA
Posted Abril 3rd, 2020 by profeBos días:
Xa é venres, rematamos a terceira semana de confinamento con unha actividade para traballar a psicomotricidade fina e a concentración: facer figuras de papiroflexia ou origami.
Para comezar déixovos no adxunto, unhas figuras moi sinxelas para facer caras de diferentes animais.
Ademáis dun enlace donde atoparedes outras figuras igual de sinxelas.
Anímovos a disfrutar e pasalo ben con este arte xaponés.
Que pasedes unha boa Pascua, e moito ánimo.
Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
MANDALAS DE PASCUA
Posted Abril 1st, 2020 by profeBos días:
Como xa estamos chegando á semana santa, propóñovos pintar uns mandalas de pascua para decorar a vosa casa ou simplemente como entretenimento.
Pintar mandalas fomenta a atención, favorece o desenvolvemento da creatividade e mellora a psicomotricidade fina. Ademáis é unha actividade que reduce a ansiedade ao permitir aos nenos e nenas centrarse nunha tarefa placentera como é pintar.
Unha actividade para calquera idade, así que toda a familia a pintar!!!!
Moito ánimo.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGAMOS AS DIFERENZAS
Posted Marzo 30th, 2020 by profeBos días:
Para este luns tráiovos un pasatempo moi divertido e a vez educativo, co que podemos traballar a atención e o tempo de concentración dos nenos e nenas, o xogo de buscar diferenzas.
Para isto déixovos o enlace a un xogo gratuito on-line e un par de fichas para imprimilas, buscar as 5 diferenzas e colorear.
Ánimo!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas