Educación Física

I PLAY WITH MY FAMILY

Hi guys! More activities to play with your family. Happy weekend. I hope to see you soonGuayGuay 

Boas chavalada! Máis actividades para xogar coa vosa familia. Feliz fin de semana. Espero vervos pronto 

 

BALANCE

Hi guys! How are you?

Today we start the third term. Here you can see new activities related to balance with a simple rope. Follow the instructions and enjoy it! 

Boas rapaces! Como estades?

Hoxe comezamos o terceiro trimestre. Aqui tedes novas actividades relacionadas co equilibrio cunha simple corda. Seguide as instruccións e desfrutade! 

RECYCLING

It´s time to recycle. When we´re at home we consume more than when we´re not. Consequently we generate more waste. For example, milk cartons. Let's reuse them. 

É tempo de reciclar. Cando estamos na casa consumimos máis que cando non estamos. Consecuentemente, xeramos máis refugallos. Reutilicémolos!  

 ACTIVIDADES

Colocamos 6 cartóns de leite baleiros, de pé e separados. Cunha pelota pequena tratamos de derribalos a unha distancia de 2 metros
Colocamos eses mesmos cartóns formando unha pirámide e obxectivo e tirala dende unha distacia de 3 metros
Furamos os cartóns de leite por ambas bases e metemos o nosos brazos nel. Unha vez feito isto, o noso, pai, nai ou irmán/á terá que mandarnos pelotas e nós temos que golpealas coa parte do brazo recuberto polo cartón de leite.

 

 

 

 

LET´S DANCE

Today, we´re going to dance with aour family. We´ve danced this song during the last months. It´s a good chance to show it to our parents. 

Hoxe imos bailar coa nosa familia. Nós bailamos esta canción durante os últimos meses. É unha boa oportunidade para mostrárllela aos nosos pais e nais. 

 

 

EQUILIBRISTAS EN ACCIÓN

To start the week here are more games. You can play with your parents and siblings. They work on balance, mainly.    

Para comezar a semana aquí tedes xogos cos que podedes xogar cos vosos pais e irmáns. Neles trabállase fundamentalmente o equilibrio. 

 

MOTOR AND EYE-HAND COORDINATION

Xa é venres!! Para rematar a semana aquí tedes exercicios que requiren pouco material para mellorar a nosa coordinación dinámica xeral e óculo-manual.  

It´s friday!! To end the week, here are activities that do not require much material material to improve our motor coordination and eye-hand coordination. 

 

HAVE A NICE WEEKEND!!

COÑEZO O MEU CORPO

Hoxe imos traballar a corporalidade formada pola actitude postural, a respiración e a relaxación nestas cinco actividades  

Today, we are going to work corporeality formed by posture, breathing and relaxation on this five activities 

Activity 1  Colocámonos en cuadrupedia (como cans) e @ nen@ ten que pasar por debaixo do noso peito. Logo tumbámonos e ten que pasar porriba. O exercicio pode repetirse as veces que queiramos
Activity 2  Colocamos unha corda ou similar presa ao pasamáns da escaleira por exemplo, a unha altura de 15 cm e axitámola continuamente. O nen@ ten que saltar dun lado a outro sen tocar a corda.
Activity 3  Poñemos 5 vasos de plástico ou similar enriba dunha mesa e o nen@ terá que soprarlles para derrubalos e que caian ao chan. Logo, con eses mesmo vasos o nen@ ten que formar unha torre o máis grande posible e seguidamente soprarlle para derrubar todos os vasos
Activity 4   Nesta actividade enchemos os vasos de auga e colocámolos en ringleira nunha mesa. Logo poñemos unha pelotiña (ou anacos de periódico aplastados formando unha) no primeiro vaso e @ nen@ terá que soprar novamente para que a pelota pase de vaso en vaso ata chegar ao fin
Activity 5  Nesta última actividade @ nen@ deixa o corpo totalmente morto e o pai/nai ou irmán/á faille colleralle cada parte do corpo por separado e faralle unha relaxación estirando e soltando músculos

INICIÁMONOS NAS HMB

The first activity of this week has arrived. As you can see in the video we will work on the perceptual skills, start on the basic motor skills; displacements and jumps and specific ones; launches and receptions. Enjoy!!!  

Chegou a primeira actividade desta semana. Tal e como se reflicte no vídeo traballaremos as habilidades perceptivas, iniciarémonos nas habilidades motrices básicas; desprazamentos e saltos e nas específicas; lanzamentos e recepcións. A PASALO BEN!!!  

 

 

DERROTAMOS AO CORONAVIRUS

SeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSeladoSelado

Here you can see a group of activities to practise with your children. It is a session related to coronavirus and personal hygiene; one of the contents of the Physical Education area 

Aquí vos deixo unha serie de xogos cos que facer exercicio c@s vos@s fill@s. É unha sesión relacionada co coronavirus e coa hixiene persoal; un dos contidos da área de Educación Física. 

 

DERROTAMOS AO CORONAVIRUS

 

FASE DE

INFORMACIÓN

Nesta fase farémoslle preguntas á rapazada sobre o COVID19.

Que é o coronavirus?

Onde comezou o contaxio?

Que medidas temos que ter en conta para non contaxiarnos?

Por que non podemos sáir á rúa?

FASE DE

ANIMACIÓN

Na procura do coronavirus

Inflamos un globo e debuxámoslle unhas coronas por toda a superficie simulando ser o coronavirus. Logo escondémolo por algún recuncho da casa e o nen@ terá que atopalo

 

 

 

 

 

 

FASE

PRINCIPAL

Coronavolley

Colocamos dúas cadeiras unidas por unha corda simulando unha rede. Pode ser incluso o sofá ou unha mesa pequena. Colocámonos no campo, o neno dun lado e a nai ou pai ou irmán do outro. Co globo que atopamos na fase anterior, o obxectivo do xogo e darlle coa man o coronavirus cara o outro lado do campo o máis lonxe posible. Se cae ao chan súmase un punto

Coronabásket

Colocamos un cubo ou unha papeleira no medio do salón, no xardín ou no espazo máis amplo do que dispoñamos. O obxectivo e meter pelotas que simulan ser coronavirus. Mandamos o coronavirus ao lixo!

Coronacanicas

Facemos un circuito polo salón, garaxe ou espazo do que dispoñamos con cinta de carroceiro por onde mandaremos as canicas que simulan ser coronavirus. Se non disponemos de canicas faremos unhas con papel enrugado e celofán. O obxectivo é chegar antes á meta preestablecida.

FASE DE

VOLTA Á

CALMA

Para relaxarnos deitámonos boca arriba e con brazos e pernas estiradas e o pai ou nai ou irmán/á pasa unha esponxa seca por todo o corpo simulando facer unha masaxe. Ao rematar lavamos as mans con xabón e alcol para eliminar as partículas de virus coas que tivemos contacto e cambiámonos de roupa para eliminar a suor. É recomendábel tomarse unha ducha.

DANIEL SAYS....

Hoxe comezou o estado de alarma. Nestes momentos é cando máis nos damos conta da importancia do deporte e da actividade física para calquera persoa, máis se cabe para un nen@. Durante os próximos días recibiredes información a través desta canle e deste departamento sobre ideas que podedes executar na vosa casa, piso, xardín ou espazo análogo para realizar actividade física e entreter aos vos@s fill@s

Esta semana dende o equipo de Plurinfantil iamos celebrar Saint Patrick a través da realización de tres deportes típicos de Irlanda, entre outras. Como non vai poder ser, suxírovos que lles ensinedes os vídeos que se mostran a seguir. Cando a situación se normalice practicarémolos no colexio.

Moito ánimo e un saúdo para os cativos 

 ROAD BOWLING  

HURLING (FOR BOYS) 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 CAMOGIE (FOR GIRLS) 

 

 GAELIC FOOTBALL 

Distribuir contido

Back to top