Barreiro

Os maios

Xa chegou o mes de maio, coas cores e os cheiros que nos fan sentir as flores que aparecen ao noso arredor. Este é un mes de tradición pero, nun curso tan especial coma este, non cabería facer as cousas coma sempre e por iso, en vez de elaborar unha estrutura floral conxunta, decidímonos por unha actividade máis miúda, íntima, na que os sentidos da vista pero sobre todo o tacto e o olfacto tiveron moito protagonismo.

         

Os resultados... simplemente fermosos Sorriso

 

 

   

Día da Terra

Hoxe, 22 de abril comemorase o día da Terra.

Na nosa aula levamos xa un tempo empapándonos de natureza, manchando as nosas mans e zapatos co propósito de coñecer mellor o que nos rodea, plantando bulbos e todo tipo de sementes, coidando das plantas, observando bichos que aparecen no patio, ... 

 

así de fermosas locen as nosas primeiras plantas de patacas na horta...

 

así investigamos e coidamos das nosas novas mascotas...

e así seguimos plantando... que ricas fresas!

Non deixedes de visitar a nosa horta!

Biquiños con sabor a terra de Lupo e mais eu

Final do segundo trimestre

Chega o final deste segundo trimestre e para facer un resumo do mesmo vos presento un pequeno vídeo. 

A través dos carteis de películas que probablemente coñezades podedes ir completando a pequena historia destes meses. Agardo vos guste. Descansade moito e cargade as pilas para o terceiro trimestre!

 
 
Bicos con sabor a ovo de chocolate de Lupo e mais eu.

 

 

8 de marzo

O día 8 de marzo é unha data especial. Un día para amosar o peso que as mulleres temos na sociedade. Este ano, as circunstancias non eran as propias para facer actividades conxuntas pero sí para recordar que nenas e nenos teñen iguais capacidades e que poden facer as mesmas actividades, que non hai tarefas de un e outro sexo e que cada debe poder chegar tan lonxe ou tan alto como desexe.

 

 

Podemos facelo!

Conmemoramos o día da educación

O pasado 24 de xaneiro, comemoramos o día da educación. Aproveitamos este feito para falar sobre qué é a escola para nós, se nos gusta ou non ir á escola e as razóns das súas respostas. Froito da reflexión decidimos crear un pequeno vídeo empregando a técnica "Slow motion", sendo eles os que tomaron as fotografías. O resultado, podédelo ver a través do seguinte enlace. Agardamos que vos guste.

 

 

Bicos de Lupo e mais eu

Bo Nadal!

Remata o primeiro trimestre.

Un primeiro trimestre cheo cambios, de novas formas de facer pero que nos permitíu volver á aula. 

Despois de todas as emocións vividas, estamos no Nadal e os peques, Lupo e eu queremos desexarvos unhas boas festas e un comezo de ano que nos traia saúde, ilusión e, sobre todo, esperanza.

Se premedes na imaxe podedes gardar a nosa postal.

Asemade, se premedes no seguinte debuxo teredes acceso a un documento no que atoparedes un bingo que os peques poden colorear e recortar; unhas etiquetas para facer uns botes con desexos para o ano 2021 e unhas ideas que podedes recortar e poñer nun prato para escoller diferentes xogos.

 

Unha última cousiña... non deixedes de visitar o apartado da Biblioteca atoparedes moitísimos recursos para desfrutar durante estas datas! 

Xogamos coas iniciais

Como nos encanta xogar coas nosas iniciais, vos presento un novo xogo no que deberedes unir as fotografías coas letras polas que empezan os nomes. Agardo que vos guste, premede na imaxe e... a xogar!

Biquiños con sabor a turrón de Lupo e mais eu.

OCURRE(CIE)NCIAS: A vaca que puxo un ovo

Este taller, motivado trala lectura do conto "A vaca que puxo un ovo" tivo lugar hai un mes pero, por algún erro, non se subíu a entrada así que... velaquí está.

A vaca que puxo un ovo é un divertido conto no que numerosas ideas se mesturan e nos permiten poñer en xogo os nosos coñecementos sobre a reproducción dos animais, os cambios de estado dos materiais, ... Coma sempre nos achegamos ao mundo das ciencias dunha forma divertida. Experimentamos como os ovos pasaban de quebradizos a brandos, como cambiaban de cor, ... e mesmo fixemos nos mesmos un ovo!

Encantóunos!

 

OCURRE(CIE)NCIAS: Alicia en el país de las maravillas

Este venres, voltaron as tolas "ocurre(cie)ncias" á aula. Desta vez, o libro elixido foi "Alicia en el país de las maravillas". Unha historia que nos sorprendeu por extraña, ocurrente e divertida.

A súa lectura deu lugar a múltiples parladoiros e xogos e, tamén, a experimentos que hoxe nos fixeron coñecer a algún dos personaxes da historia como o Sombrerero loco, a introducirnos no fantástico mundo das ilusións ópticas e a traballar aspectos cotiáns como a numeración pero dunha forma moito máis divertida.

Como vedes, non houbo forma de que dexasen de mirar o noso sombrerero... Guiño

Por se vos apetece recordar un pouquiño a historia que motivou este taller, premede na imaxe anterior e poderedes ver un anaco da película de Disney. O luns veremos o resultado da experiencia cos osiños de goma... conseguiremos facer que medren como Alicia cando comeu a torta?

 

Moito coidado coas vosas cabezas pequenos!

Biquiños con sabor a osiño de gominola de Lupo e mais eu.

UN MAGOSTO UN TANTO ESPECIAL

O pasado mércores, 11 de novembro, festexamos un magosto algo diferente na aula. Este ano non houbo castañas asadas, fogueira ou fasco para prendela. Pero si recibimos a tres personaxes moi particulares cos que xogamos e desfrutamos un montón. Eran Fasco, Brasas e Castaña (aínda que as mascarillas nos fixeron cambiarlle o nome continuamente). Para o noso magosto propuxémonos contar, entre todos, un conto moi divertido "A castaña que rebentou coa risa". Premede na imaxe e disfrutadeo!

 

 

 

Bicos con sabor a castaña de Lupo e mais eu

Distribuir contido

Back to top