Barreiro
DESPEDIMOS UNHA NOVA SEMANA
Posted Xuño 5th, 2020 by profe5Ola cativas e cativos, xa rematamos unha semana máis. Recordade que estamos a venres e viría a profe Soraya coa súa amiga Felisa, así que bulide a ver que actividad ten na súa especialidade.
Hoxe no cole sería un día moi especial para un de nós. SIIII, está de aniversario a nosa amiga LEIRE, así que xa sabedes, ide pensando o seu fermoso agasallo.
PARABÉNS LEIRE.
Ademáis do cumple da nosa amiga, hoxe se celebra o día do MEDIO AMBENTE e o noso amigo CASELÍN propuso na páxina de inicio un reto para poder coidar o noso planeta.
Pero, estou segura, que hoxe no cole, a programación sería alterada polos acontecementos que se están vivindo en certos lugares do noso planeta, e por suposto, non poido nin quero deixalo escapar.
Así que non vou poñer ningún reto, quero que o primeiro que fagades é visionar este conto.
Que cousas estas das cores da pel!!! E que razón ten...
Creo que é unha fermosa reflexión sobre todo o que está a acontecer, así que vos propoño que debuxedes (deixo tamén un arquivo por si o queredes imprimir) a un grupo de nenas e nenos e coloreedes con todos os cores da pel.
Non me vou esquecer de poñervos unha canción para cantar e bailar, que todas e todos coñecedes ben.
Como todos os venres cada 15 días deixo material imprimible, recordade:
- Non é de obrigado cumprimento.
- Non é preciso imprimilo, podedes copialo e facelo nun folio.
- Os que o impriman, imprimilo en branco e negro. Volvo a repetir, o deixo a cor para velo mellor no ordenador.
Agora si, me despido, cunha aperta que voa a profe Marta.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
E SEGUIMOS AÍ
Posted Xuño 5th, 2020 by profe5O verán está preto, xa estamos cansos pero ainda así, seguimos aí. Tentando sacar o mellor de nós.
Ánimo peques, xa queda pouco!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
E...VOLVERON AS NUBES
Posted Xuño 3rd, 2020 by profe5Ola cativas e cativos, aquí estamos un día máis, hoxe cando abrades a fiestra veredes que está anubrado, volveron as nubes!!
Recordade que hoxe é mércores e tendes algún traballiño que facer coa profe Ana, e para mañá xoves, non esquezades de ir visitar a teacher.
Despois de ver para fora, creo que é un día fantástico para volver a ser científicos e facer CHUVIA DE CORES, a ver que vos parece este divertido experimento... A min paréceme do máis relaxante, quedaría mirando para o que acontece durante moito tempo...
Aquí tedes un vídeo para ver como se leva a cabo.
Xa sabedes, anotade todo o experimento no voso block de notas científicas.
Hoxe vos traio unha actividade interactiva que elaborou o profe Abraham sobre o que fomos aprenden do mar, espero que o pasedes moi ben con ela...
Coma sempre, non pode faltar un conto, a ver que lle pasa a este COCODRILO, que non lle gusta moita a auga.
E para despedirnos imos facer o baile dos animáis, veña a mover ese corpiño...
Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XUÑO
Posted Xuño 3rd, 2020 by profe5Comezamos un mes máis e aquí seguimos...
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
E XUÑO XA ESTÁ AQUÍ
Posted Maio 31st, 2020 by profe5Ola cativas e cativos!!! Hoxe comezamos unha semana máis, e ademáis diso, tamén comeza un novo mes, o mes de xuño. Como estamos a luns, recordade que viñan ao nosa escola de Barreiro a profe Yasmina e o profe Daniel, así ide mirar que propoñen para o día de hoxe.
Como vos dixen o venres imos poñer o mes no que están de aniversario Leire e Samara, así que vos adxunto o calendario para ir tachando os días e debuxando en cada un deses días o tempo que fai.
Para non perder o costume, imos facer o DEBUXO DA FIN DE SEMANA, seguro que fixestedes cousas interesantísimas coas vosas familias, así que veña...elexide unha delas e debuxala. Coma sempre os digo, facede memoria.
Eu esta fin de semana recibín unha carta moi importante, CASELÍN escribiume dende a súa casa porque nos bota moito de menos e lle apetece facer un xogo con nós. Ahí vai...
Deixo as fotos en arquivos adxuntos por si non se ven ben.
O pobre CASELÍN está moi soiño na súa casa, así que vai arrastrándose polo cole recordando todos eses fermosos momentos que pasa con vós.
En honra ao noso amigo CASELÍN, vos deixo aquí un conto fermisísimo que lle encanta, e espera que vós tamén o gocedes.
Despois de ver o conto, podedes facer estas divertidas actividades no ordenador.
PREME NO ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1329239056/contido/limeiruga.html
E agora, para despedirnos, a cantar e bailar cunha canción de buscar...
Coma cada luns, deixo ideas de diferentes xogos que podedes levar a cabo na casa con distinto material de refugallo...
E coma sempre, unha aperta que voa da profe Marta.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ADEUS AO MES DE MAIO
Posted Maio 29th, 2020 by profe5Ola cativas e cativos, aquí estamos un día máis e rematando unha semana máis. Se vos fixades no calendario veredes que imos despedir o mes de maio. Se estiveramos na clase vos diría que ao volver o luns ao cole, poñeriamos o mes das fotos de Leire e de Samara.
Pois veña, imos despedilo con ledicia. Recordade que os venres está con nós a profe Soraya, así que ide xunto dela e mirade ben o que nos trae no día de hoxe.
Recordando unha das datas máis importantes que celebramos en Galicia no mes de maio, LETRAS GALEGAS, imos mergullarnos na arte da PALABRA.
Vou comezar por presentarvos a ROSALÍA DE CASTRO...
Si!!! Rosalía de Castro é a nosa ROSALÍA PEQUENIÑA...que fermosa canción para poder relaxarnos.
Agora escoitade ben a seguinte canción que traio, e un poema que lle fixo o escritor Curros Enríquez a Rosalía de Castro e que fala do mar...
Pois aquí vai a proposta de hoxe, podemos debuxala ou coloreala (queda a súa imaxe en arquivos adxuntos).
E coma sempre, me despido cunha aperta que voa da profe Marta.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
SERENIDADE
Posted Maio 29th, 2020 by profe5A vida hai que tomala con calma, con serenidade. E isto mesmo me transmitides vós nas vosas caras.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
MERGULLÁMONOS NO ARTE
Posted Maio 27th, 2020 by profe5Ola cativas e cativos, como estamos hoxe? Seguro que xenial, e se abrides a fiestra e vos asomades por ela, mellor todavía, porque fai un día fermosísimo.
Recordade que hoxe é mércores, e temos clase co profe José Ramón e coa profe Ana, así que bulindo para ver as súas propostas. Non esquezades pasarvos por alternativa...
Xa vos deixo o recordatorio para mañá xoves, ven outra vez a profe Ana e tamén está a teacher Noelia.
Como o día está tan fermoso, hoxe, vos achego unha proposta de arte. Quero presentarvos a un gran artista JOAN MIRÓ, e agora diredes, e quen será este home?, mirade ben este conto onde nos contan quen é...
Agora que sabemos quen é, lle poñemos cara e nos contaron a que se adicaba... Imos coñecer un pouco máis das súa obras artísticas, este conto tenme namorada!! Xa veredes...
Non me digades que non é fermoso... Que bonito ver o mundo a través dos ollos propios e dos demáis, todo o que os ollos poden transmitir!!
E agora si, aquí vai a miña proposta de hoxe...
Espero que Miró vos atraia tanto coma mín, e sexa capaz de transmitir toda esa visión tan fermosa do mundo que el tiña. Así que ánimo e a pintar...
E agora si, me despido cunha aperta que voa, a profe Marta.
- %count comentarios
- %count lecturas
LEDICIA
Posted Maio 27th, 2020 by profe5Todo en vos transmite ledicia, e por iso sempre é un gozo ollar todo o que facedes...
E aquí temos a piscina de Pedro(dos seús avós), da que tanto nos falou na vídeochamada, que gañas de mergullarse nela.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA
Posted Maio 25th, 2020 by profe5Ola cativas e cativos, comezamos unha nova semana. Iso quere dicir que hoxe é luns ( non esquezades facer o calendario) e que veñen ao cole a profe Yasmina e o profe Daniel, así que veña ide a velos a súas respectivas especialidades.
Hoxe sería un día especial no cole, porque a nosa amiga Ana estivo onte, 24 de maio, de aniversario e hoxe o celebraría con nos convidándonos a un anaquiño de biscoito, e nós lle fariamos un precioso agasallo. Así que xa sabedes, vos toca facer un fermoso debuxo, unha tarxeta de felicitación,... para agasallar a nosa amiga e que o seu aniversario sexa tan especial coma sempre.
E coma non podía ser doutro xeito, aquí te deixo unha canción de aniversario.
FELICIDADES ANA
Para seguir co día de hoxe, estou segura que se estiveramos no cole algún de vós me contaría que esta fin de semana foi ata a praia, e aproveitando o noso proxecto do Mar e que nesta nova fase que nos atopamos, xa podemos ir a praia, pois sobre esto mesmo vai versar o meu reto de hoxe.
O outro día, buscando información chegou aos meus ollos unha imaxen que me fixo pensar, miradea ben e a ver se fai en vós o mesmo que fixo comigo.
Fixarvos no que dín eses peixes e a razón que teñen, non pode ser que sigamos así e non nos demos conta do mal que facemos algunhas cousas.
Así que, aquí vai o meu reto para estes días...
Veña a pensar que seguro van quedar fermosísimos carteis.
Como non podía ser doutro xeito o miña proposta de hoxe para o conto, é o conto "RANA DE TRES OJOS", é un conto que podemos atopar na casa de Caselín e que ten un fermosa historia de concienciación.
E tamén vos deixo aquí unha canción para cantar e bailar, que bailades moitas veces cando mirades a tele, e que ten unha bonita mensaxe para o medio ambiente. Así que a mover o esqueleto.
Para rematar o plan de traballo, como cada luns, vos achego unha serie de ideas de actividades que podedes levar a cabo na casa con material que temos a man e que son moi sinxelas de levar a cabo ( os enlaces os podedes abrir nos PDFs adxuntos).
E xa me despido, cunha aperta que voa da profe Marta.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »